Culturgal 2010

Do 26 ao 28 de novembro, esta fin de semana, vaise celebrar  a Feira das Industrias Culturais galegas, o Culturgal. Trátase da súa 3ª edición, ou a 4ª se contamos o Achegarte do ano pasado en A Coruña, organizado polo  concello ante a falta de apoio por parte do novo goberno da Xunta e coa colaboración de moitos voluntarios. A sede volverá ser Pontevedra, como na 1ª edición, concretamente, o Pazo da Cultura.

O evento é un magnífico escaparate para o mundo da cultura galega, un espazo de encontro para todo tipo de manifestacións artísticas e onde os xestores culturais e o público en xeral poderán coñecer as últimas propostas a través das actividades continuas de acceso libre e gratuito que se desenvolverán durante tres días.

Haberá  musica, teatro, presentacións literarias e faladoiros informais con escritores (estarán Manolo Rivas ou Diego Ameixeiras, entre outros), foros profesionais (audiovisual, edición), exposicións, obradoiros, conferencias, etc. O programa e toda a información, aquí.

Nesta edición, ademais, diríxese a mirada cara Brasil e Portugal como ámbitos potenciais de difusión da cultura galega, con dous espectáculos chamados Galicia.br e Galicia.pt, baseados no intercambio artístico. Por outra banda, incorpórase unha programación alternativa moi atractiva, o Faiado, na que se recollen as propostas menos convencionais  (novo cinema galego, ferramentas de edición como dispositivos de intervención, autoedición musical, etc.)

Nós estaremos alí celebrando o noso primeiro aniversario (GM naceu no Achegarte do ano pasado) e recollendo o máis interesante para contárvolo.

Esta entrada fue publicada en Eventos y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s