Tres de vinte e cinco: literatura, cine e música

O pasado mes de maio dábamos comezo á celebración dos vinte e cinco anos da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, xa que no ano 1991 iniciábase dita Rede de Bibliotecas que, na actualidade conta con 8 bibliotecas e un centro coordinador. Durante estos meses leváronse a cabo actividades nas distintas bibliotecas e unha exposición itinerante “25 anos de historia das bibliotecas”, na que a través de distintos paneis, o Servizo Municipal amosa as distintas funcionalidades e oportunidades que ofrecen as bibliotecas, os recursos e espazos dispoñibles, e dan a coñecer ao persoal dos centros. A mostra viaxou por toda a Rede Municipal achegando a todos os barrios da cidade os servizos da institución, e rematará na Casa da Cultura “Salvador Madariaga”, estando ata o próximo mes de decembro para todos aqueles que inda non tivestes a oportunidade de visitala.

25

Este venres terá lugar unha magnífica celebración, para a cal se decidiu celebrar o aniversario xunto con outras dúas grandes institucións da cidade, o CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) e a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), institucións culturais que tamén este ano celebran os 25 anos desde o seu nacemento.

De ahí o título “Tres de vinte e cinco: literatura, cinema e música”, para o acto de clausura que terá lugar o vindeiro venres día 2 de decembro, e coincidirá coa inauguración dunha exposición de textos que fan referencia á importancia na nosa cidade e na sociedade actual de cada unha destas tres institucións. Dita exposición poderá visitarse ata o 7 de xaneiro na Casa da Cultura “Salvador de Madariaga” (Durán Loriga, 10).

3-de-25

O acto do día 2 comenzará ás 18.45 horas na casa da cultura “Salvador Madariaga”, e contará coa participación do Coro de Nenas e nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixido por José Luis Vázquez. Seguidamente, terá lugar o recital e as lecturas de Estíbaliz Espinosa, acompañada ao piano por Isabel Gómez. E para rematar, as 20.30 horas no CGAI, se proxectará a película de Truffaut Farenheit 451

A entrada será de balde ata completarse o aforo. Non esquezades que estades todos convidados a asistir ao acto de clausura.

Para rematar, a celebración do aniversario das Bibliotecas Municipais da Coruña, conclúe con dúas importantes e únicas citas ás que non podedes deixar de asistir, e que serán broche final do aniversario:

No mes de abril, no Centro Cultural do Fórum Metropolitano actuará o “Coro Joven” da Orquestra Sinfónica de Galicia, e no mes de junio no Centro Cultural do Ágora, a orquestra de nenos e nenas da OSG, deleitarános con un espectacular estreo dunha obra escrita e dedicada en exclusiva polo 25 aniversario ás Bibliotecas Municipales da Coruña.

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Eventos, Exposicións, Música y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s