Alberto Vázquez e Oliver Laxe, premiados

 

Este é o trailer de Birdboy,  a curtametraxe de Alberto Vázquez que ven de gañar dous importantes premios na 52 edición do Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao, o Zinebi. Concretamente, o Gran Premio do Cine Vasco e o Premio o Mellor Guión Vasco. O debuxante coruñés participaba nas categorías de cine vasco pola súa colaboración co realizador bilbaíno Pedro Rivero, que é o codirector. A curta está baseada na súa novela gráfica Psiconautas (en breve en Rosales), unha historia ‘sobre as barreiras que se atopan aqueles que se afastan do discurso da normalidade’, segundo escribiu un crítico. Temos bo ollo en GM, porque nós xa o entrevistáramos cando estaba aínda en pleno proceso de grabación, aquí.

E tamén ven de ser premiado outro entrevistado en GM, aquí, o cineasta tamén coruñés Oliver Laxe, que acadou ex aequo o premio “Cajastur” do Xurado Novo á mellor longametraxe na 48ª edición do Festival de Cine de Xixón, pola súa película Todos vós sodes capitáns. O xurado premiouna polos ‘distintos e ricos niveis de lectura que propón  sobre as funcións e limitacións da arte […] un film de unha beleza estética sublime‘. Ahí é nada. Oliver Laxe ven de recibir tamén o premio Cineuropa 2010 en Santiago de Compostela. Desfrutade dun pequeno fragmento da súa peli:

 

 

Addenda: o mesmo día da actualización deste post, saltou a noticia de que Birdboy acadou o galardón de mellor curtametraxe no Festival de Cine de Foyle, en Irlanda do Norte,  que preclasifica para as candidaturas aos Oscar na categoría de curtas de animación.

Esta entrada fue publicada en Audiovisuais y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

3 respuestas a Alberto Vázquez e Oliver Laxe, premiados

  1. Luis dijo:

    Parabéns para eles, que boa pinta teñen esas pelis, moi boas as ligazóns e o blog

  2. Pingback: Birdboy na 2 « Galicia móvese

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s