Galicia Móvese é unha sección da Biblioteca Municipal Os Rosales adicada á actualidade cultural galega emerxente en todas as súas facetas (literatura, música, audiovisuais, teatro, danza, etc.) que pretende funcionar tamén como plataforma cultural na que dar a coñecer novos artistas, tendencias, formatos, etc. Como tal, inclúe:
-
Por unha banda, un espazo físico na biblioteca no que tes á túa disposición diversos documentos para a consulta e o préstamo (libros, revistas, CD´s e DVD´s).
-
Por outra, este espazo virtual na rede, o blog de GM, no que publicamos noticias e, de cando en vez, reportaxes audiovisuais de elaboración propia.
-
Periodicamente, ademáis, organizamos actividades de dinamización (concertos, recitais, sesións de cine ou teatro, visitas guiadas a exposicións ou institucións, etc.) coas que buscamos achegarte os creadores galegos e as institucións culturais.
Se eres artista, escritor/a, tes un grupo de música, etc. e queres amosar o teu traballo, ponte en contacto connosco e estaremos encantados de buscar a forma de difundilo.
Agardámoste!
Excelente, como todo lo que la gente de la Biblioteca Municipal de los Rosales hace siempre. Debemos apoyar a las bibliotecas, a su gente, Los felicito.