Nun deses raros casos nos que a montaña vai a Mahoma, o multifacético Antón Reixa pasouse polo noso barrio de Os Rosales, no seu avatar de poeta/performer, para grabar na sala de teatro O Andamio, moi cerquiña da nosa biblioteca, unha lectura de poemas do seu libro, aínda inédito, «Maldicir». Trala grabación, na mesma Praza Elíptica do barrio, concedeunos moi xenerosamente unha suculenta entrevista na que nos falou dos detalles do proxecto, que se convertirá nunha videocreación baseada nun texto deste poemario e no que reflexiona ácida e ironicamente sobre o absurdo da guerra de Irak e as interesadamente difusas fronteiras entre o real e ficticio na hipermediática sociedade actual a través das andainas dunha extravagante personaxe, unha sorte de Bukowski galego, nalgunha medida alter ego literario del mesmo.
A videocreación resultante expoñerase proximamente no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), en Compostela, e nós agardamos estar alí cando se inaugure para contárvolo. Bótade unha ollada, paga a pena:
Pingback: Apaisonante vídeo de Antón Reixa en Los Rosales. Obligado visionalo | Blog del Barrio de Los Rosales de A / La Coruña
Grazas por difundilo, veciños. A verdade é que foi unha conversa moi grata na que nos deu algunhas claves para comprender o seu traballo. Nun marco incomparable, non si?