Inauguramos a sección Galicia Eventos cunha das feiras de arte contemporánea máis interesentes e atractivas do panorama actual, Espacio Atlántico, que tivo lugar en Vigo.
É unha feira con participación nacional e internacional. Nesta ocasión, ademais, contou con unha ampla representación de galerías coruñesas, como MoretArt, Ana Vilaseco e Atlántica, que exhibiron obras de Xurxo Gómez-Chao, Vari Caramés e Pepe Galán, entre outros.
Todos os anos ríndiselle homenaxe a algún artista destacado pola súa traxectoria, e nesta edición o recoñecemento foi para o pintor pontevedrés Leopoldo Novoa.
Tamén pasou por alí Nano 4814, grafittero vigués que dirixiu unha intervención que captaron as nosas cámaras.
Botade unha ollada: