Aínda que temos na neveira moitas seccións novas por inaugurar, a actualidade obríganos a seguir con outra entrada de Galicia Eventos.
O antigo cárcere provincial da torre na Coruña estreouse como recinto cultural do 3 ao 6 de xuño con S8 Mostra de Cinema Periférico. Por certo que a reconversión da cadea nun centro para a cultura é unha iniciativa que nós desde aquí apoiamos e que desexamos que teña continuidade.
A Mostra revindicou as experiencias cinematográficas arriscadas e de vangarda respectando como vínculo o formato de Súper 8. Esta excentricidade foi acompañada de retrospectivas, masterclass, workshops e exposicións de material cinematográfico. Ademais rindeuselle homenaxe ao recentemente falecido cineasta de culto Iván Zulueta. En primicia puidemos ver a pouco coñecida faceta «cinematográfica» do pintor surrealista Eugenio Granell. E tamén houbo unha retrospectiva de Ernesto Díaz Noriega, premiado en Cannes coa a Palma de Ouro á mellor curtametraxe amateur en 1965.
Aquí deixámosvos un pequeno clip cunha entrevista co director da Mostra, Ángel Rueda, que nos atendeu moi amablemente: