Yolanda Castaño, Berta Dávila e Alvin Pang

Paco Gallego

Fotografía Paco Gallego

Para os que non tivestes a oportunidade de dar na diana asistindo  o pasado luns 20 de outubro na flamante Ágora  ao primeiro recital da tempada de Poetas Di(n) Versos aquí tedes a vosa segunda oportunidade!!!.

Deixámosvos pois coas primeiras verbas dun  poético texto que Yolanda Castaño preparou para a presentación de ese luns que nos deixou versos.

«Seareiras da volta ao cole, poetas antioutonizos, dispostas a renovar os votos da poesía un ciclo máis, benintencionados de principio de curso, primeirizos ben achados, tímidas de ‘probar a ver’, deprimidos postvacacionais na procura de consolo poético, abonadas a canta programación cultural non sexa de pago, vates en crise, lectoras inspiradas, orientalistas, seguidoras de Emma Olsen, amigos de toda a vida, usuarias do centro Ágora, veciños do Agra do Orzán, coruñesas, visitantes, amigos e amigas..

Benvidos á luminosa inauguración da sexta edición de POETAS DI(N)VERSOS.

Por se chegastes un chisquiño tarde á nova: este ciclo de lecturas poéticas vén de levar hai pouco máis dunha semana o Premio da Crítica de Galicia na categoría de Iniciativas Cultura.

Pero como aquí non vivimos dos aplausos senón do traballo, poñámonos mans á obra.

Dúas poéticas fondamente intimistas pero que xamais deixan de tender a man aos outros. Procura da verdade poética, nudez de artificios falaces, sensibilísima honestidade, conexión a un tempo co mundo e co eu. A S do ‘soño’ e do ‘sentimento’ marcóuselles na pel dende que naceron en Santiago e Singapur».

Se queredes  ler o texto íntegro picade aquí Texto Presentación Poetas Di_N_versos 6.1[1]

Inaugura –polo tanto- por todo o alto a sexta edición de POETAS DI(N)VERSOS a escritora Berta Dávila e o poeta  Alvin Pang

Esta entrada fue publicada en Imperdibles, Literatura y etiquetada , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario