Tinta Bacanal

Tinta bacanal cartel

 

A eterna discusión sobre a arte contemporánea, sobre a súa función, o seu sentido, a súa intelixibilidade, etc., non rematará -nin debería facelo- nunca. Pero o certo e que, dende que o dadaísmo lles abriu a veda as vangardas artísticas a comenzos de século XX, o concepto clásico de arte xa nunca volverá a ser o que era. A base de ironía e irreverencia foi definitivamente desacralizado e viuse obrigado a baixar do seu pedestal para entrar nunha nova época no que o sentido lúdico da expresión artística iba a pasar a xogar, nunca mellor dito, un papel clave.

A literatura, por suposto, non quedou á marxe desta transformación e decontado xurdiron novas técnicas de escritura entre as distintas faccións vangardistas. A idea básica consistía en rachar cos modos convencionais de escribir para saír dos lugares comúns e explorar novas formas de expresión: cara a creatividade pola ruptura das regras. Así naceron, por exemplo, os célebres cadáveres exquisitos, creados polos surrealistas, xogos de palabras compostos a varias mans cuxo obxectivo era facer emerxer a espontaneidade creativa do inconsciente colectivo.

O que non podían prever Breton, Eluard, Tzara e compañía era a futura irrupción de Internet e as posibilidades que iso abriría de cara a multiplicar o número de mans intervintes na confección dos seus artiluxios literarios. E xustamente esa é a idea que desenvolven o colectivo Tinta Bacanal no seu estupendo blog de xogos literarios. Os seus membros recollen o testigo da idea surrealista de experimentación e escritura grupal pero aproveitándose do potencial que ofrecen as redes sociais para elevar se cadra un grado máis o seu nivel de interactividade.

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, invitámoslles a presentar o blog e, de paso, celebrar unha sesión de xogos literarios na Biblioteca de Os Rosales. Quedades convidados. De aperitivo, esta entrevista na que nos fan un pequeno avance:

Esta entrada fue publicada en Literatura, Na rede y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario