Poetas Di(n)Versos; Iolanda Zúñiga e María Eloy-García

 

 

Poetas Di (n) Versos

Poetas di(n)versos

Iolanda Zúñiga, María Eloy- García e Yolanda Castaño

 

Este  foi o estupendo texto que  Yolanda Castaño preparou para a presentación das  escritoras Iolanda Zúñiga e María Eloy-García no útlimo recital de poetas Di(n)Versos  que se celebrou o pasado luns 14 de abril no Centro Cultural Ágora.

«Abrileiras crueis, terroristas do verso, santas, castigadas sen vacacións, devotos da seita thermomixeira, rebentadoras de preceptos poéticos, campechanas, sureños de toda condición, exquisitas lerchas, escépticos antilíricos, icona-plastas, re-vellos, despistados que pasaban por aquí pero que lles vai a marcha, literaturfans destroyers, poetas gamberras, visitantes dos barrios, veciñas do todo-Coruña, amigos e amigas

Hoxe as nosas convidadas volven ter non pouco en común. Sobre todo unha visión brutalmente honesta da literatura, capaz de baixala de todo pedestal.

Lonxe das afectacións, a anos luz das repunantes imposturas, con gana de desempoarlle as capas de solemnidade e amaneramento. Nada disto quere dicir que Iolanda e María sexan unhas neófitas á literatura e unhas bárbaras cargándose sonetos ás toas. Antes moi ao contrario: as dúas son grandes, minuciosas coñecedoras da tradición e das tradicións literarias que rastrexa e estudan con atención, fondo respecto… e ás veces –é certo– certa distancia.

Nacidas nos 70, amantes de outros xéneros creativos, carismáticas, libérrimas, un pouco enfant-terribles das letras, só un pouquichiño ovellas negras da familia.

Comparten unha visión tan pouco ‘funcionaria’ da poesía, que as dúas se dedican ou dedicaron a todo tipo de oficios curiosos no seu tempo menos libre; o mundo do cómic maiormente no caso de María e os da interpretación, a música e tamén a hostalería no de Iolanda.

 As dúas sempre un pouco actrices, de escenarios e de rúa, dos papeis e da vida. As neuroses, as periferias….

Elas, que poderían contar ou calar tantas historias. O punk, o de Joy Division ou o da movida viguesa. Inspíranse no supermercado ou na cociña dun fast-food.

Danlles brillo ás súas deliciosas contradicións. Perden os nervios… e volven atopalos. Engánchanse, bican o chan… pero con lingua, apaixonadamente.

Son imperfectas, incompletas. Fallan de novo, fallan mellor.»

Deixámosvos pois con as voces de Iolanda Zúñiga e María-Eloy-García 

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en Literatura y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s