Poetas Di(n)Versos
A nova edición do ciclo de recitais poéticos dobres que comezou en outubro co curso académico rematou tamén con el, tras un último trimestre de versos recitados nas súas linguas orixinais.
Poetas de Italia, os Balcáns e Brasil recitaron no Centro Cultural Ágora da Coruña nestes últimos meses, sempre ao lado dunha figura galega.
Para o recordo … TRES sesións con SEIS extraordinarias propostas poéticas dun ciclo que despidese ata despois do verán.
Así que… saír da vosa zona de confort e abrirvos a novas formas de poesía por que estas… TAMÉN o SON.
Branca Novoneyra apoia os seus versos na danza contemporánea e o brasileiro Márcio André, no son e a performance.
Dúas voces que fan dialogar o verso con outros recursos expresivos para levalo aos escenarios en espectáculos integrais, multidisciplinarese de grande riqueza sensorial.
Olalla Cociña e Nikola Madzirov, un dos nomes imprescindibles da poesía europea dos próximos anos.
Tanto Madzirov coma Cociña son autores dunha fráxil sutileza, tocados pola transparencia, a ollada do íntimo, e a tenrura.
O poeta Vigués Manuel Forcadela e o italiano Claudio Pozzani
Ambos os dous autores demostran que a vontade experimentale o emprego doutros recursos expresivos para enriquecer a poesía non só patrimonio das últimas fornadas de creadores.
Os dous introducirán elementos sonoros ou videográficos na súa actuación.