Xoel López triunfa na gala dos Premios da Música Independente

Xoel recollendo un dos premios na gala (Foto: EFE)

Xoel recollendo un dos premios na gala (Foto: EFE)

 

Boas novas para a música independente galega, Xoel López , o-artista-antes-coñecido-como Deluxe, ven de triunfar na gala dos V Premios da Música Independente ao acadar dous dos premios máis importantes: Mellor Álbum de Autor -por ‘Atlántico‘- e, sobre todo, Mellor Artista Nacional de 2012, gañándolles nesta categoría nada máis e nada menos que ao mismísimo Sr. Chinarro, aos Niños Mutantes, a John Talabot e a Antònia Font.

Mais aparte da importancia que poidan ter os premios en si pola súa repercusión máis inmediata, se cadra a súa relevancia neste caso vai un pouco máis alá por canto Xoel iniciara dalgún xeito unha nova etapa con ‘Atlántico’, deixando atrás a súa anterior carreira de pop-rock indie como Deluxe,  explorando novas vías musicais na outra beira do charco nese periplo iniciático que o levou durante máis de dous anos a percorrer as Américas de sur a norte e a empaparse da súa cultura musical. Os galardóns son, por tanto, un recoñecemento a ese xiro tan audaz que foi quen de levar a cabo e do que, polo que parece, saíu airoso. Premio á audacia, ao risco e a capacidade de reivención. Parabéns para el!

E, xa postos, parabéns tamén para a música independente galega en xeral que está nun momento máis que doce con toda esa morea de bandas –Triángulo de Amor Bizarro, Franc3s, Disco las Palmeras!, etc.- recoñecidas  e admiradas en todo o territorio nacional. Xoel vense a sumar a longa lista. Ben!

 

Esta entrada fue publicada en Música y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s