Preparados… listos…
O pasado día 8 de outubro no Centro Cultural Ágora Yolanda Castaño deu o pistoletazo de saída ao Ciclo de Poesía Poetas Di(N)Versos con dúas das mentes máiis brillantes da nova poesía galega e española respectivamente: María do Cebreiro e Carlos Pardo.
Versos repletos de pensamento, agudeza e unha rica bagaxe cultural, pero sempre manexados con desenfado e mesmo ironía.
Non se me ocorre nada mellor para comezar a semana nin para rematar un luns que asistir ao ciclo Poetas Di(N)Versos…é unha cita imperdible.
Se non tiveches a oportunidade de poder asistir aquí deixámosvos con algúns fragmentos deste estupendo recital.