¿Gústache o teatro? ¿Sabes cantas salas con programación estable hai en Coruña? ¿Onde están? ¿Qué programación teñen? Se tes curiosidade e queres atoparlles resposta a algunha destas preguntas, entón tes que botarlle unha ollada ao novo vídeo de GM.
Porque fomos falar cos directores dos principais teatro da cidade para que nos explicaran polo miúdo o seu traballo e a súa filosofía. E puidemos descobrir que A Coruña pode presumir dunha oferta escénica moi potente, para toda clase de públicos, na que teñen cabida tanto o teatro comercial, o máis clásico, os grandes formatos ou os máis alternativos.
Pero iso non é todo. Ademáis, preparamos unha programación especial na nosa biblioteca de Rosales (ver cartel) para intentar saciar o noso apetito escénico, que non é pouco. Porque o noso é conto, si, pero tamén puro teatro: