Manuel Rivas: Todo é silencio (Culturgal I)

 

O prometido é débeda e aquí tedes a 1ª entrega da nosa visita a Culturgal 2010, a Feira das Industrias Culturais celebrada en Pontevedra este ano. Malia atopar contidos interesantes, nesta edición botamos en falta unha maior presenza das artes escénicas e plásticas. A feira, como tal, debería ser un escaparate do que se está a facer no conxunto  da cultura e das disciplinas artísticas  galegas. Porén,  o teatro, a danza, a pintura, a escultura ou as asociacións culturais quedaron, dende o noso punto de vista, infrarrepresentados. Gustábanos máis a idea de xuntar forzas de edicións anteriores, de facer unha oferta máis interdisciplinar e integral que permitira aos programadores e o público ter unha panorámica máis rica e variada nun mesmo espazo e tempo. Sexa isto dito como crítica constructiva.

Noutros campos, como o literario, por exemplo,  a oferta si que foi máis completa e sustanciosa. Por alí pasaron os escritores importantes do momento: Iolanda Zuñiga, Marcos Calveiro, Diego Ameixeiras ou Antón Lopo. Tamén atopamos algunhas agradables sorpresas das que xa falaremos en sucesivas entregas. E tivemos a oportunidade de falar con Manuel Rivas, que nos presentou o seu último libro, a novela Todo é silencio, unha historia moi interesante sobre o paso do contrabando ao narcotráfico nas décadas dos oitenta e noventa en Galicia que lle serve como metáfora das relacións de poder e o seus métodos de dominio a través da lei do silencio, un guiño á crise política e económica actual.

[Música: A fia – ECLECTICA ENSEMBLE (Electronic Galician Grooves -2010)] Vía: A Regueifa Plataforma

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en Eventos, Literatura y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a Manuel Rivas: Todo é silencio (Culturgal I)

  1. Pingback: Manuel Rivas en Culturagal, a entrevista de Galicia Móvese | Xerais

  2. Pingback: Brétemas » Maneul Rivas en Culturgal, a entrevista de Galicia Móvese

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s