O que non te podes perder:
Miradas. «Realidades, expresións, tramas»
A destacada comisaria Iria Candela proponnos unha nova mirada á arte galega contemporánea que se inclúe nos fondos da Colección Caixa Galicia, revisando con ela unha ampla selección de obras das tres últimas décadas, imprescindibles na devandita colección e no ámbito da arte galega.
Artistas xenuínos do noso territorio reúnense na mostra que poderemos visitar dende o 23 de setembro ata o 16 de xaneiro, no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Lugo.