Viñetas desde o Atlántico

O pasado 9  de agosto na Coruña quedou instalada a feira de Banda Deseñada e por suposto alí estivemos.

Este ano os autores invitados foron Dave McKean , Carlos  Pacheco, Camille Jourdy, Denis Kitchen, Emile Bravo, Victor Rivas e Raule Roger.

GM tivo a oportunidade de conversar con Victor Rivas, un dos nosos ilustradores máis internacionais, creador de personaxes como Harry Porrez e colaborador da revista satírica El Jueves. E comentábanos un tanto ironicamente:

«hai sitios onde hai debuxantes e outros onde hai Industria»

Estivemos tamén moi atentos ás presentacións dos  últimos lanzamentos. Este é o caso de Demo Editorial que inicia a súa andaina apostando pola banda deseñada en lingua galega con Os Lobos de Moeche, unha obra do sempre suxestivo Manel Cráneo que transcorre a finais do século XV. Outras novidades foron O Fillo da Furia, obra de Manolo López Poy e Miguel Fernández, e Sen Mirar Atrás, de Dani Montero, obra galardoada co Premio Castelao 2009 da Deputación de A Coruña.

O festival non quixo que se lle esquecera un dos xéneros máis exitosos dentro da BD, o Manga. De manga e de anime experimental falamos con David Pazos.

Antes de dar paso aos vídeos, unha cousa máis. Os temas que  soan  nos clips son O amo da Billarda e Zombis no Gaiás, pertencentes ao disco Viñeron da Galiza Interior do grupo GalegoZ. Podes atopalos na web de Regueifa Netlabel baixo licenza Copyleft.

Pero mellor que sexan eles mesmos quen nolo conte. Pasen e vexan; paga a pena.

Ahhhh! Felicitar dende aquí os nosos compañeiros de Fancomic polo seu estupendo traballo en Viñetas.

 

 

 

 

 

 

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en Banda deseñada y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s