As Municipais entenden: LeConOrgullo

As Municipais enntenden

 

Neste 28 de xuño do 2014..

#LeConOrgullo aos Poetas que son disconformes, dismodernos como o monfortino  Antón Lopo  e  o esloveno Brane Mozetic.

Eles  fan da súa obra  unha utilización do corpo e do desexo homoerótico como campo de acción política e sexual.

#LeConOrgullo aos Poetas que coñecen desobra que o privado é público e posiciónanse sen reparos fronte ao mundo nos seus respectivos últimos traballos ; Antón con  Lampíricos no que conflúen  a oralidade e a poesía textual, á videocreación e a poesía conceptual, pasando pola performance ou a lírica salvaxe e Brane co seu descarnado poemario traducido ao castelán  Banalidades.

 #LeConOrgullo os versos do poemarío  Carnia Haikai de  Elvira Riveiro Tobio que din canto libamento e imbadura sexual poidamos imaxinar, orquestrando unha auténtica orxía de sensacións dérmicas e fluencias orgasmáticas que enervan os sentidos e convidan ao libre colidir dos desexos.

“Adoro a nosa/ relación trisexual,/ o triunvirato…/… esta homenaxe/ ao trilingüismo harmónico/ ao tripartito…/…ser tripolar,/ comer por tres, así,/ preñada de dous».

Decir que  tivemos a sorte de contar con eles en vivo e en directo nunha sesión do magnífico Ciclo de poesía Poetas di (n) versos que dirixe Yolanda Castaño e que  ten a súa sede no Centro Cultural Ágora.

ConOrgullo deixámoste pois con Antón Lopo e Brane Mozetic.

 

Recorda que nas Bibliotecas Municipais atoparás  exemplares destes Orgullosos escritores. Esperámoste!!

 

As Municipais enntenden

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Imperdibles, Literatura, Uncategorized y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario