O intelectual galleguista Isaac Díaz Pardo faleceu esta mañá na Coruña aos 91 anos de idade.
Un home ao que definiron como «o mellor exemplo dunha vida dedicada a un compromiso chamado Galicia»
Díaz Pardo quedou marcado a lume pola figura do seu pai, Camilo Díaz Baliño, pintor ao igual que el e asasinado polos fascistas tras o golpe de estado de 1936. A pesar da súa xuventude, Isaac xa dera mostras do seu compromiso político e participou na campaña para a aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia. Coñecera destacados intelectuais galleguistas do momento, como Castelao;Cabanillas, Ramón e Antón Vilar ponte, e Vicente Risco.
Logo viviu o exilio en Arxentina e converteuse nun dos grandes renovadores da arte galega no século XX. Pero a súa grande obra acometeuna en Galicia ao seu regreso, tras fundar, xunto ao pintor e escritor Luis Seoane, o Laboratorio de Formas, que daría lugar ao grupo Sargadelos, unha das grandes empresas culturais da Galicia contemporánea. Díaz Pardo converteuse en empresario e deseñador dun grupo cuxo negocio máis visible foi a fabricación de cerámica, pero que tamén editou libros e promoveu e avalou toda clase de iniciativas culturais.
Descanse en paz.