Repensando o debuxo en Normal

normal

Ata o 17 de abril poderá visitarse a moi interesante exposición ‘Microfísica do debuxo’ en Normal, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. A mostra parte dunha serie de preguntas en torno ao papel e o significado do debuxo na arte contemporánea coas que pretende reflexionar a fondo sobre a vixencia desta técnica, se cadra a técnica artística primordial.

As respostas, ou tentativas de resposta, a tales cuestións artéllanse a través dun percorrido por unha serie de obras moi heteroxéneas que van, por exemplo, dende unha peza na que se emprega como ferramenta básica de traballo e planificación nunha intervención site-specific (Aumentar el caudal de un ríode Luz Broto) ata outras onde o debuxo desborda o marco convencional das dúas dimensións para convertirse en volumes ou relieves escultóricos (Desplegar los posibles The World is a Sculpture, de Françoise Vanneraud), pasando por reapropiacións da estética da banda deseñada para xogar ou rachar cos límites do marco da obra (a viñeta) e transfomar o punto de vista do espectador (#71, de Martín Vitaliti).

world sculpture

Peza de The World is a Sculpture de François Vanneraud

A exposición, comisariada por Sonia Fernández Pan, recolle sete obras de seis artistas que propoñen tanto un reprantexamento como unha redefinición do concepto de debuxo, diversificando e actualizando o seu sentido, ao mesmo tempo que funcionan como unha reivindicación do seu valor.

A propósito, moi reivindicable tamén o papel de Normal como espazo cultural verdadeiramente alternativo en A Coruña. A súa programación conta con actividades e contidos sempre innovadores, diversos e diferentes. Se non a coñeces, podes botarlle unha ollada aquí. Paga a pena.

CATOPTROPHILIA02

Imaxe de Catoptrophilia de David Ferrando Giraut

 

Publicado en Exposicións | Etiquetado , | Deja un comentario

O primeiro Picasso regresa á Coruña

banner_PICASSO-(226x91,5)

“A Coruña é a cidade na que se despertaron os meus sentidos, e iso é algo que nin o tempo nin a distancia poden borrar”

Pablo Ruiz Picasso

Contados son os homes ou as mulleres que ao longo da historia son quen de rachar cos hábitos inconscientes e as inercias irreflexivas que a tradición ou a cultura impoñen ao común dos mortais. Porén, grazas ao seu traballo e inxenio, na maior parte das ocasións nadando contra corrente e enfrentándose ás férreas convencións sociais, somos capaces de mudar a nosa visión das cousas gañando en liberdade, coñecemento e beleza.

É por iso que a este tipo de homes e mulleres lles atribuimos a categoría de xenio, término que, polo menos dende o Romanticismo, designa a todo aquel artista que é un creador no sentido xenuino da palabra; é dicir, no sentido de que crea ou inventa algo totalmente novo que sen o seu concurso decisivo non tería surxido; que cambia radicalmente as reglas abrindo novos espazos de comprensión do mundo e, nesa medida, enriquecéndonos a todos.

picasso grande

A Torre de Hércules e o seu entorno pintados por Picasso en 1895

Dentro desa categoría, algúns deles, só un grupo verdaderamente selecto, consiguen convertirse en modelo ou paradigma dunha determinada rama da arte ou do coñecemento, adquirindo nese caso o status de icono cultural. No mundo da ciencia, tal vez Albert Einstein sexa o exemplo máis ilustrativo; e, no da música, Beethoven, probablemente.

No caso da pintura, sobre todo da moderna, poucos dubidarían en afirmar que o xenio por excelencia, o pintor por antonomasia sexa outro que Pablo Ruiz Picasso, o creador e máximo expoñente do cubismo, o movemento que supuxo un auténtico xiro copernicano no ámbito da pintura e a escultura do século XX e que tivo unha inmensa influencia no desenvolvemento posterior das artes plásticas.

o-PLAYA-ORZAN

Postal picassiana da praia do Orzán

Por iso, pola enorme magnitude da súa figura, a exposición “O primeiro Picasso. A Coruña: 2015”, que se pode visitar dende o 20 de febreiro ata o 24 de maio no Museo de Belas Artes de A Coruña, é unha excelente nova e unha gran oportunidade para reivindicar e poñer en valor o papel que a cidade herculina tivo na súa formación artística, se cadra non suficientemente coñecido polo público en xeral. E tamén, como non, para disfrutar da súa obra.

Picasso viviu en A Coruña catro anos, dende os dez ata os catorce, e foi en A Coruña onde deu inicio a súa formación académica e onde tivo lugar a súa primeira exposición, fai agora 120 anos, nunha tenda de mobles da rúa Real. A mostra, comisariada por Malén Gual, conservadora do Museu Picasso de Barcelona, fai un percorrido exhaustivo por esta etapa crucial da vida do pintor e recolle obra realizada durante a súa estancia na cidade, obra posterior relacionada con Galicia, diversos obxectos que recrean o ambiente social e cultural da época e obra de pintores galegos coétaneos que tiveron algunha influencia en el, como Isidoro Brocos ou Román Navarro. Toda a información polo miúdo, na páxina do museo. E tamén na web específica da exposición.

Desa web tomamos este suxerente vídeo de presentación da exposición que, dende logo, invita a visitala:

Publicado en Exposicións | Etiquetado , , | Deja un comentario

Cinco nominacións galegas aos Goya

a esmorga

‘A esmorga’, unha das películas galegas candidata aos Goya

Boas novas para o cinema galego na 29 Edición dos Premios Goya, xa que ven de acadar cinco nominacións, ademáis en categorías das fortes, é dicir, non técnicas.

Curiosamente, isto acontece cando aínda resoan os ecos do celebrado 25 aniversario da estrea no ano 89 de ‘Sempre Xonxa’, ‘Urxa’ e ‘Continental’, as tres primeiras longametraxes de ficción galegas, dalgún xeito o fito fundacional do cinema galego moderno. E cando ven soando, por certo, dun tempo a esta parte, cada vez con máis forza, a etiqueta de ‘Novo cinema galego’, aplicada a unha serie de cineastas novos con propostas frescas e innovadoras que están a cautivar a crítica e público en festivais internacionais. Falamos de Oliver Laxe, Xurxo Chirro, Eloy Enciso, Lois Patiño ou Alberto Gracia, por exemplo. A propósito, respecto ao aniversario, aínda pódese visitar na Cidade da Cultura Cinegalicia25, unha exposición sobre estes 25 anos do noso audiovisual.

Polo tanto, baixo o signo desta encrucillada simbólica que supoñen as bodas de ouro da nosa producción cinematográfica recente, cabe dicir que o noso cinema atópase nun intre -dadas as circunstancias adversas do medio-, calificable, cando menos, como interesante e prometedor, cunha produción comercial e de autor que atopan recoñecemento cada unha nos seus respectivos ámbitos.

En calquera caso, sexa como fóra, a nova agora está na gala dos Goya o vindeiro 7 de febreiro. As candidaturas ás que opta a representación galega son as seguintes:

– Mellor guión adaptado: Ignacio Vilar e Carlos Asorey, por ‘A esmorga’.

– Mellor película de animación: ‘A tropa de trapo na selva do arco da vella’, de Abano Producciones.

– Mellor curtametraxe de animación: ‘Sangre de unicornio’, de Alberto Vázquez.

– Mellor actor protagonista: o ferrolán Javier Gutiérrez, por ‘La isla mínima’.

– Mellor actriz revelación: a compostelá Nerea Barros, tamén por ‘La isla mínima’.

Moita sorte para todas elas! E para ir meténdovos en fariña, aquí tedes ‘Sangre de unicornio’, o corto aspirante de Alberto Vázquez, flamante gañador en 2012 con ‘Birdboy’, unha auténtica maravilla:

E lembrade que podedes atopar cine galego nas nosas bibliotecas. Consulta aquí o noso catálogo.

Publicado en Audiovisuais | Etiquetado , , , , | Deja un comentario

Contraataca “A segunda lingua”

maxresdefault

Como non podía ser doutra forma dende GM despedimos este ano 2014 cun desexo e unha recomendación.

O desexo … que pasedes unhas felices festas!!! .

A  recomendación.. o último libro de Yolanda Castaño, gañador do XI Premio Fundación Novacaixagalicia de Poesía que agora se publica en  edición bilingüe (galego-castelán) e que ten por título,“La segunda lengua” en  Visor  .

Deste poemario onde poeta e palabra teñen unha relación altamente erótica dixéronse cousas como que:

“O corpo é o corpo e o idioma é o idioma: aí onde chocan, coas palabras que se rabuñan e a pel que non alcanza a tocarse, desenvólvese A segunda lingua. Yolanda Castaño, unha poeta libre que experimentou xa con todas as linguaxes que apelan a todos os sentidos -o escrito, o escoitado, o visto, ata o sabido-, conclúe que quizá falta verbo para nomear o que se necesita, ou todo o contario: que o mundo afoga de tantas voces diferentes. A segunda lingua reflexiona sobre a escritura e a súa tensión coa vida, , sobre a escritura como modo de vida e sobre a escritura como vida paralela, e propón un percorrido belo e durísimo por esas máis dúbidas que certezas: par que a linguaxe, para que o corpo, que espazo entre ambos, por que non ocupalo”.

Elena Medel

A Segunda Lingua é un metapoemario. Unha gramática da composición e un manual de instrucións verboidentitarias. (…) Castiñeiro fala claro: “Realmente escribimos/ porque unha imaxe vale máis que mil palabras”. Aí está: unha imaxe, unha figura literaria, un tropo, unha visión estética que é aleph, grial pluscuamicónico, epifanía dos sentidos. Imprescindible a convivencia con esta “pequena deslenguada en diferido” que Castiñeiro é, habitar os seus versos, ser conscientes de que, cando escribe “onde poño a boca poño a bala”, a posée unha intuición superior, a sabedoría de quen alcanzou a comprender que “a verdade faravos/ escravos”.

Armando Requeixo no El Ideal Gallego e Diario de Ferrol

 

                              

 

La segunda lengua

 

Lembrámosvos que nas Bibliotecas Municipais da Coruña atopardes un amplo fondo de poesía.

Se che apetece coñecelo un pouco mellor..

 Luns 15 de decembro: a poeta Elena Medel conversa coa autora na librería Alberti (Tutor, 57 – 28008), Madrid, ás 19:30h

   Martes 23 de decembro: o filólogo e escritor Carlos Callón conversa coa autora na librería Couceiro (Cervantes, 6 – 15704), Santiago, ás 20h.

Publicado en Audiovisuais, Literatura | Etiquetado , , , , | Deja un comentario

Yolanda Castaño, Berta Dávila e Alvin Pang

Paco Gallego

Fotografía Paco Gallego

Para os que non tivestes a oportunidade de dar na diana asistindo  o pasado luns 20 de outubro na flamante Ágora  ao primeiro recital da tempada de Poetas Di(n) Versos aquí tedes a vosa segunda oportunidade!!!.

Deixámosvos pois coas primeiras verbas dun  poético texto que Yolanda Castaño preparou para a presentación de ese luns que nos deixou versos.

“Seareiras da volta ao cole, poetas antioutonizos, dispostas a renovar os votos da poesía un ciclo máis, benintencionados de principio de curso, primeirizos ben achados, tímidas de ‘probar a ver’, deprimidos postvacacionais na procura de consolo poético, abonadas a canta programación cultural non sexa de pago, vates en crise, lectoras inspiradas, orientalistas, seguidoras de Emma Olsen, amigos de toda a vida, usuarias do centro Ágora, veciños do Agra do Orzán, coruñesas, visitantes, amigos e amigas..

Benvidos á luminosa inauguración da sexta edición de POETAS DI(N)VERSOS.

Por se chegastes un chisquiño tarde á nova: este ciclo de lecturas poéticas vén de levar hai pouco máis dunha semana o Premio da Crítica de Galicia na categoría de Iniciativas Cultura.

Pero como aquí non vivimos dos aplausos senón do traballo, poñámonos mans á obra.

Dúas poéticas fondamente intimistas pero que xamais deixan de tender a man aos outros. Procura da verdade poética, nudez de artificios falaces, sensibilísima honestidade, conexión a un tempo co mundo e co eu. A S do ‘soño’ e do ‘sentimento’ marcóuselles na pel dende que naceron en Santiago e Singapur”.

Se queredes  ler o texto íntegro picade aquí Texto Presentación Poetas Di_N_versos 6.1[1]

Inaugura –polo tanto- por todo o alto a sexta edición de POETAS DI(N)VERSOS a escritora Berta Dávila e o poeta  Alvin Pang

Publicado en Imperdibles, Literatura | Etiquetado , , , , , , | Deja un comentario

SEMENTE ” Os universos non escritos”

wordpress

Tempo,  espazo,  enerxía..   estamos   falando  do  movemento,  a  linguaxe  da danza.

O século XXI e as novas tecnoloxías abriron un amplo abano de posibilidades para a creación. Cada vez os artistas son máis  multidisciplinales e os proxectos tras-media.

Pero para entender ben o concepto podemos dicir que tras- media é unha historia contada de diferentes maneiras en distintas plataformas e no que participan diferentes creadores. Así un proxecto local convértese en universal.

O pasado 12 de setembro a Biblioteca Municipal Os Rosales celebrou un especial adicado á danza, á videocreación e á performance presentando  “Semente, os universos non escritos “. Un claro exemplo de proxecto trans-media que experimenta coa expresión corporal, a danza contemporánea e as múltiples posibilidades que ofrecen outras disciplinas artísticas como a  música, e a videocreación.

Semente é un grito ao entendemento entre a imparable modernidade e a esencia da bondade humana, do Amor e dunha vida en equilibrio co ámbito natural ao que pertencemos. Unha chamada ás bondades do xénero humano que fan crecer no interior de cada un de nós a semente da felicidade.

A montaxe desta intervención realizouse na propia Biblioteca, e os protagonistas foron a performancer Rebecca Yeh, videocreador Guillermo Maceiras (cunha longa experiencia en proxectos culturais en Asia e  América Latina e que,  sen dúbida, é responsable de algunhas das iniciativas máis innovadoras), coreográfa e bailarina Raquel González (que actualmente é a vicedirectora do conservatorio de Lugo onde tamén imparte clases na especialidade de danza contemporanea), e  a música de Illo Muriel.

O encontro consistiu na proxeción simultánea en tres pantallas  diferentes das video creacións rodadas en lugares diferentes do mundo, como Creta (Grecia), Jerusalén (Israel), Chinyi (Taixan), destacando o traballo galego rodado no parque Nacional das Fragas do Eume, no Cañón do Sil, e no Monte Pindo.

Tempo, espazo, enerxía .. deixámosvos con “Semente Galicia

 

No vos perdades a gravación en directo da intervención na Biblioteca Os Rosales

 

 

Lembrade  que nas Bibliotecas Municipais atoparedes:  libros, cds,  dvds e documentais adicados  ao mundo da danza.

Se queredes gozar  da danza contemporánea esta é a nosa recomendación.

Pina

Publicado en Audiovisuais, Danza | Etiquetado , , , , , , , , | Deja un comentario

Poetas Di(n)Versos: Alvin Pang e Berta Dávila

 

poetas 20.10.14

Coa chegada do outono e despois dun merecido descanso estival os luns con Yolanda Castaño volven dicir versos!!!.

Regresa ao flamante Ágora Poetas di (n) versos, o único ciclo estable de poesía de toda España que de forma regular une as linguas e as nacionalidades dos poetas co mellor da poesía tanto local coma internacional e que  recentemente foi premiado pola crítica 2014 na categoría de iniciativas culturais. Parabéns!!!.

Damos pois o pistoletazo de saída ao ciclo o próximo luns 20 de outubro co poeta, escritor e editor  Alvin Pang e a narradora e poeta compostelá  Berta Dávila.

Alvin Pang é un dos autores máis activos da escea actual da cidade estado de Singapur e foi galardonado co Premio Nacional das Artes e a Cultura do seu país. Os seus poemas foron traducidos a quince linguas e ten participado en  festivais e publicacións importantes en todo o mundo.

O que quero compartir

Esta respiración, o aire que intercambiamos

empúrrame ao teu colo

se que me pola negar.

É por iso que te probo

co mero feito de eu vivir.

Por outra banda  a poesía intimista da compostelá Berta Dávila, foi a triunfadora no ano 2013 co premio Johán Carballeíra de poesía a obra  Raíz da fenda, publicada por Xerais  e que obtivo o Premio Nacional da crítica e o premio da AELG ao mellor poemario.

A comenzos do 2014 saío á luz o primeiror traballo da autora para público infantil, A suxida, ilustrado por Inma Doval.

Deixámosvos cos fermosos  poemas que senten, que abren fendas e péchanas, que prenden luces e apáganas, que buscan verdades e atópanas.

  Raíz da fenda.

E non podías irte
porque ti
eras todo canto podiamos
chamar casa;

e sen ti
ficariamos espidas á intemperie,
diluídas na chuvia,
soas,
e sen pasado.

 

Lembrar que nas Bibliotecas Municipais contamos cun amplo fondo adicado a poesía. 

Recomendámovos algúns dos exemplares da escritora  Berta Dávila.

Publicado en Literatura | Etiquetado , , , , , , | 1 Comentario