O primeiro Picasso regresa á Coruña

banner_PICASSO-(226x91,5)

“A Coruña é a cidade na que se despertaron os meus sentidos, e iso é algo que nin o tempo nin a distancia poden borrar”

Pablo Ruiz Picasso

Contados son os homes ou as mulleres que ao longo da historia son quen de rachar cos hábitos inconscientes e as inercias irreflexivas que a tradición ou a cultura impoñen ao común dos mortais. Porén, grazas ao seu traballo e inxenio, na maior parte das ocasións nadando contra corrente e enfrentándose ás férreas convencións sociais, somos capaces de mudar a nosa visión das cousas gañando en liberdade, coñecemento e beleza.

É por iso que a este tipo de homes e mulleres lles atribuimos a categoría de xenio, término que, polo menos dende o Romanticismo, designa a todo aquel artista que é un creador no sentido xenuino da palabra; é dicir, no sentido de que crea ou inventa algo totalmente novo que sen o seu concurso decisivo non tería surxido; que cambia radicalmente as reglas abrindo novos espazos de comprensión do mundo e, nesa medida, enriquecéndonos a todos.

picasso grande

A Torre de Hércules e o seu entorno pintados por Picasso en 1895

Dentro desa categoría, algúns deles, só un grupo verdaderamente selecto, consiguen convertirse en modelo ou paradigma dunha determinada rama da arte ou do coñecemento, adquirindo nese caso o status de icono cultural. No mundo da ciencia, tal vez Albert Einstein sexa o exemplo máis ilustrativo; e, no da música, Beethoven, probablemente.

No caso da pintura, sobre todo da moderna, poucos dubidarían en afirmar que o xenio por excelencia, o pintor por antonomasia sexa outro que Pablo Ruiz Picasso, o creador e máximo expoñente do cubismo, o movemento que supuxo un auténtico xiro copernicano no ámbito da pintura e a escultura do século XX e que tivo unha inmensa influencia no desenvolvemento posterior das artes plásticas.

o-PLAYA-ORZAN

Postal picassiana da praia do Orzán

Por iso, pola enorme magnitude da súa figura, a exposición “O primeiro Picasso. A Coruña: 2015”, que se pode visitar dende o 20 de febreiro ata o 24 de maio no Museo de Belas Artes de A Coruña, é unha excelente nova e unha gran oportunidade para reivindicar e poñer en valor o papel que a cidade herculina tivo na súa formación artística, se cadra non suficientemente coñecido polo público en xeral. E tamén, como non, para disfrutar da súa obra.

Picasso viviu en A Coruña catro anos, dende os dez ata os catorce, e foi en A Coruña onde deu inicio a súa formación académica e onde tivo lugar a súa primeira exposición, fai agora 120 anos, nunha tenda de mobles da rúa Real. A mostra, comisariada por Malén Gual, conservadora do Museu Picasso de Barcelona, fai un percorrido exhaustivo por esta etapa crucial da vida do pintor e recolle obra realizada durante a súa estancia na cidade, obra posterior relacionada con Galicia, diversos obxectos que recrean o ambiente social e cultural da época e obra de pintores galegos coétaneos que tiveron algunha influencia en el, como Isidoro Brocos ou Román Navarro. Toda a información polo miúdo, na páxina do museo. E tamén na web específica da exposición.

Desa web tomamos este suxerente vídeo de presentación da exposición que, dende logo, invita a visitala:

Esta entrada fue publicada en Exposicións y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s