(S8) V Mostra de Cinema Periférico

Cartel-S82014-PNG-para-web-528x751

Esta semana -do 4 ao 8 de xuño- A Coruña convértese de novo en epicentro do cine experimental e de vangarda na quinta edición do (S8), a mostra de cinema periférico. Nesta ocasión, cun programa especial dedicado a Xapón, dentro da celebración do Ano Dual España-Xapón que conmemora os 400 anos de relacións entre ambolosdous países.

O cinema nipón, polo tanto, será o principal protagonista da mostra, aínda que non o único, e terá unha presencia destacada dentro das distintas seccións do festival, que, como de costume, abranguen diversos formatos e formas de expresión cinematográficas. Así, haberá ocasión de achegarse ás orixes do cine xaponés con varias proxeccións de cinema mudo e tamén de coñecer as últimas manifestacións do seu cine máis alternativo a través, por exemplo, da obra en super 8 de autores contemporáneos, con mención especial á retrospectiva da de Takahiko Iimura, coñecido polas súas colaboracións con Yoko Ono e o colectivo Fluxus.

Non faltará tampouco a posibilidade de gozar do cine performativo -a imaxe convertida en performance- nas xa habituais seccións de Desbordamentos ou na de A segunda vida das imaxes, así como de coñecer o que se está a facer a nivel experimental en Galicia na de Sinais.

Ademáis, como en anteriores edicións, haberá distintas actividades paralelas ao festival, é dicir, exposicións, encontros con autores, conferencias, así como outras de carácter didáctico, como por exemplo o Taller de Acción! cinematográfica dentro do Mini (S8).

O grueso da programación desenvolverase na Fundación Novacaixagalicia, sede principal, pero parte dela tamén se levará a cabo nas sedes satélites do Teatro Rosalía de Castro, CGAI, Fundación Luis Seoane, Kiosco Alfonso, Normal e MAC. Podes consultala polo miúdo aquí.

Un ano máis, e vai un lustro xa, é un luxo e un privilexio contar na nosa cidade cun festival destas características, cunha aposta clara e decidida de fomentar e recuperar o cine como expresión artística. Bótalle unha ollada o trailer da edición deste ano:

Esta entrada fue publicada en Audiovisuais, Eventos y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s