GALICIA MÓVESE continúa coa súa liña de traballo adicada á actualidade cultural galega. Nestaocasión centrámonos no mundo das artes plásticas cunha programación especial sobre o mundo da arte contemporánea na cidade da Coruña e os seus espazos de exhibición.
Na nosa cidade atopámonos cunha amplia variedade de espazos e servizos dedicados ao arte: salas de exposicións Municipais como o Kiosco Alfonso o Palexco, privadas como A Fundación Barrié o e Mac ; máis de unha decena de galerías de arte, e todo un premio Nacional de Arquitectura como é o noso Museo de Bellas Artes.
Buscando respostas a cuestións como…
Cal debe ser o papel dun Museo de Arte no século XXI?…
Que é e como funciona unha galería de arte?…
De que xeito se pode conseguir implicar o cidadán na actividade dun Museo, nunha galería de Arte?…
Acudimos a un dos Museos máis emblemáticos da nosa cidade como é A Fundación Luis Seoane e a Galería de Arte Moret Art.
Se vós tamén sodes uns namorados da arte non vos perdades esta reportaxe!!!
Deixámosvos pois con David Barro director da Fundación Luis Seoane e Nuria Blanco directora de Moret Art.
Recordámosvos que na Biblioteca Os Rosales atoparedes unha amplia mostra de libros sobre Arte Contemporáneo.
Excelente idea, como todas las que siempre tienen. Ya estoy apuntada. No me lo perdería por nada. Gracias.