Chegou o mes da poesía para o ciclo que inaugurou a súa terceira edición este pasado outubro no Centro Ágora.
Nesta ocasión, a lingua convidada foi por vez primeira o ruso, idioma no que se expresa o poeta, DJ, tradutor e xornalista letón Sergej Timofejev (Riga, 1970) El chegou dende a súa cidade natal por vez primeira á Coruña para actuar canda un dos nomes máis claros na modernidade poética galega, Antía Otero (A Estrada, 1982).
Para os dous creadores a poesía é quen de establecer diálogos enormemente ricos con outras linguaxes moi presentes na sociedade contemporánea, en especial o audiovisual
Ista última sesión de POETAS DI(N)VERSOS cumpriu así coa súa promesa de hibridar a lectura de versos con recursos sonoros e videocreación, nunha sesión intima, envolvente… máxica!
Deixámosvos pois con Yolanda Castaño, Aíntia Otero e Sergej Timofejev.