Da man de Salvador Dalí coñece ao círculo de intelectuais e artistas novos e republicanos que roldaban durante aqueles anos La Residencia de Estudiantes madrileña.
Maruja atopa por fin o seu lugar: un mundo xuvenil, alegre, desmedido sen límites. A famosa triloxía formada por Lorca, Buñuel e Dalí era, en realidade un cuarteto. Maruja estivo dende o primeiro momento con eles. Participou nos seus ritos, nas súas escapadas nocturnas, nas súas discusións artísticas.
Esta nova pintora galega participou nas vangardas artísticas. Foi unha adiantada ao seu tempo. Unha muller que rompeu moldes e estereotipos. Os que a coñeceron din dela que era miúda, ordenada, extravagante, ousada, moderna que pasea polos barrios baixos, que xoga ao tenis, que monta en bicicleta. Sempre disposta a romper as regras do xogo.
Foi tamén a primeira sinsombrerista!:
«Un bo día quitamos o sombreiro Federico García Lorca, Dalí, Margarida Manso e eu, e fixémolo na Porta do Sol pero tivémonos que refuxiar nas escalinatas do metro, porque nos tiraban pedras e berrábannos maricóns».
Esa era Maruja Mallo «A muller galega e libre que se converteu na Musa transgresora da xeración do 27.«
Definir a súa pintura é definila a ela… « Surrealista, colorista, unha melodiosa xeometría de ultramar«.
Morre en Madrid o 6 de febreiro de 1995.
María Zambrano e Concha Méndez dicían dela: «Maruja era unha muller libre»; Andy Wharhol cría que os seus retratos eran un claro precedente do pop norteamericano.
Nós cremos sen dúbida que é a pintora española máis relevante do século XX.
Convén lembrar, e máis nos tempos que corren, que grazas a mulleres como ela, que asumiron moitos riscos no seu tempo, as mulleres de hoxe gozamos da consideración social, cultural e política na que ela sempre creu.
Deixámosvos pois con este documental producido por Antón Reixa, que mostra o percorrido vital e artístico dunha muller coraxe: Maruja Mallo.
Lembrade que nas Bibliotecas Municipais contamos cun amplo fondo de libros de arte.
Tamén che pode interesar este exposición «Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo «
Me encanta. Fantástico!!. un bso
Muchas gracias y feliz día!!!