Por amor al arte II (y 2)

Xa está aquí, xa chegou! Como vos anunciabamos hai uns meses, este fin de semana arranca a segunda edición do festival de curtas -e moito máis-, Por amor al arte. Efectivamente, durante algo máis dunha semana, do 14 ao 22 de febreiro, A Coruña vai ser o escenario privilexiado dunha morea de actividades culturais que abranguen prácticamente todas as disciplinas artísticas: artes visuais, literatura, teatro, maxia, música… e, por suposto, cine. Toda a programación polo miúdo, aquí.

E todo por amor á arte, sen ánimo de lucro, agás unha pequena compensación económica aos gañadores do concurso de curtas. Porque, con ser máis que remarcable o aluvión de cultura que se nos ven enriba, é obrigado destacar a moi loábel filosofía do festival, que non é outra que a colaboración desinteresada de todos os participantes -artistas, empresas, institucións, etc.-, coa finalidade de que todo aquel que teña algo que mostrar ou dicir  no eido artístico poda facelo. Unha actitude digna de eloxio, sen dúbida. E máis nos tempos que corren. Os nosos parabéns á organización pola visión e a audacia.

En Galicia Móvese vímonos tamén arrastrados pola forza deste tsunami cultural e participamos nesta segunda edición como sede satélite e como colaboradores necesarios noutras actividades (ver programación no cartel arriba ou aquí).

Ademáis, fomos falar co director, Pablo Morán, para que nos explícase as novidades desta segunda edición e a filosofía do festival. Aquí tedes a entrevista:

Esta entrada fue publicada en Eventos y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s