Poetas Di (n) Versos Díaz-Pimienta e Luis «O Caruncho»

 

 

POETAS 2014

Hoxe inauguramos  o 2014 con este post adicado ao recital dos poetas Díaz-Pimienta e Luis » O Carucho» que o pasado 13 de xanerio tivo lugar  na nosa flamenate Ágora dentro do Ciclo de Poesía  Poetas Di(n)Versos.

 

 

Unha sesión que en palabras de Yolanda Castaño  é algo atípica e que escapa aos límites da páxina. Visita un fenómeno enormemente popular e universal coma a expresión humana; tan popular, tan estendido e tan global é, que non é máis ca un mesmo fenómeno que acada distintos nomes en cada territorio onde se manifesta: Repentismo no Caribe e Regueifa aquí. Dúas manifestacións do poético pero que o levan aos terreos da oralidade, do desafío e da improvisación.

 

E tivemos a sorte, o luxo, de contar con dúas das voces máis experimentadas nestes esvaradíos terreos, dous dos representantes máis sobranceiros nos respectivos países de Galicia e Cuba.

 

Os dous naceron a carón do mar, con 5 anos de diferenza en torno ao cambio de década dos 60 aos 70. Os dous se deixaron empapar das músicas populares e das tradicións das súas terras, os dous colaboran con grandes músicos e, sobre todo, teñen percorrido quilómetros e quilómetros tanto para a amosar a súa arte como para tratar de aprenderlla a outros.

 

Son valentes, afoutos, obviamente elocuentes, nadan con soltura nas augas da expresividade verbal e sóbralles paixón para tratar de contaxiala.

Deixámosvos pois co… Luis «O Caruncho» e Díaz-Pimienta

 

Recordarvos que nas Bibliotecas Municipais  atoparedes una amplia selección dos poemarios deste  maravilloso Ciclo de Poesía.
Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en Literatura y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s