Desta volta en Galicia Móvese achegámonos ao rap. Concretamente, ao rap que se fai actualmente en A Coruña, que pouco a pouco vai crecendo tanto en grupos como en repercusión -atención ao festival Hip Hop FUC (Festival Urbano Coruñés), que vai pola súa segunda edición e semella que pode consolidarse como un dos festivais de hip hop de referencia de Galicia-, para darlle difusión ao novo vídeoclip do MC coruñés Radek Less.
Radek Less ven do colectivo de hip hop Deep Realz -dos que posteáramos este clip hai un tempo-, do que formou parte dende o seu nacemento en 2008. En 2012 iniciou a súa carreira en solitario coa publicación do EP ‘Contraevolución’.
Agora volve cun magnífico vídeo grabado na «cidade de cristal» do seu último tema, ‘Kaizen’. O vídeo foi realizado por Absolut Clips , mentres que a produción, a mezcla e a masterización da música correu a cargo do tamén rapeiro coruñés Charlie Tzara. Check it out, yo!:
[Radek Less actúa este xoves, 12 de decembro, as 19:00 h., xunto con dúo formado por Wax Dee & D.L. Blando na Biblioteca Municipal Os Rosales, dentro da programación Galicia Escóitase]