Outono Fotográfico, é uno festival galego de fotografía decano da Península e o segundo máis antigo do mundo.
Na 31 edición chega e por primeira vez inunda a sala de adultos da Biblioteca Municipal Os Rosales cunha exposición da fotógrafa francesa Aude Léonard.
Aude é unha Ilustradora-fotógrafa, que vive e traballa en Marsella. Comezou a fabricar imaxenes fotográficas, en branco e negro primeiro, máis adiante en cor, surrealistas, ás veces cómicas, amiúdo oníricas.
Exposición: Do 4 de novembro ata o 30 de novembro
Un total de vinte e sete instantáneas baseadas en montaxes fotográficas apartir de obxectos ou persoas e que ilustran dous belos poemarios.
- Une vache dans ma chambre (Unha vaca no meu cuarto ) /textos de Dominique Cagnard, 2008. Unha homenaxe chea de tenrura e poesía dedicada ás vacas.
- Le soleil meurt dans un brin d’herbe (O sol morre nun gaspallo de herba / textos de Jean Rivet, 2007. Poemas suaves e delicados sobre a relación entre avó e neta.
- Slumberland é un traballo poético sobre impresións experimentadas durante unha viaxe a Islandia; natureza omnipresente, cambiante, clima hostil; un caderno de viaxe onírica, unha oda á infancia, dous álbums ilustrados que tamén te invitamos a coñecer:
- Serie Une seconde baseado no álbum ilustrado polo editor coreanoWoongjin (2012). Ese libro explica aos nenos a noción do tempo que pasa.
- Serie Petits trous baseada no álbum epónimo ilustrado polas edicións Lirabelle (2013), texto de Cécile Bergame.
Recordámosvos que nas nosas Bibliotecas Municipais contamos entre o noso fondo cunha ampla sección de fotografía e poesía se queredes ampliar coñecementos na materia. Consulta a disponibilidade dos materiais no noso catálogo
Galería fotográfica da exposición no Flickr das Bibliotecas Municipais Festival Outono Fotográfico
Outono Fotográfico, un álbum en Flickr.