Galicia escóitase: música feita na casa

DIN 4

Probablemente non vos descobrimos nada novo se facemos referencia ao bo momento que estamos a vivir en Galicia a nivel musical. Ao carón dos grandes nomes consolidados do folk e a música de raíz (Luar na lubre, Berrogüetto, Carlos Núñez, etc.), os xéneros tradicionalmente máis idiosincráticos da música galega, foron xurdindo nos últimos anos outros nomes noutros xéneros que están a acadar prestixio e recoñecemento crecentes dentro e fóra de Galicia.

No eido do pop-rock alternativo, por mencionar tan só o -se cadra- máis sobranceiro, bandas como Triángulo de amor bizarro (Boiro), Franc3s (Carballo) ou Disco las palmeras! (Sarria) xeneran asombro e admiración a partes iguais en toda a prensa musical especializada a nivel nacional, especialmente os primeiros, considerados por boa parte da crítica o mellor grupo nacional de indie-rock do momento. A boa nova e que o filón non se agota con eles, que xa empezan a ser sospeitosos habituais, senón que por detrás veñen abríndose paso novas propostas, a cal máis xenuina e orixinal, como por exemplo o pop distópico de Mano de obra (Coruña) ou o punk gamberro de Srasrsra (Coruña), que garanten, sen dúbida, o relevo a medio prazo. E, obviamente, quedan moitos sen citar.

Dende Galicia Móvese queremos celebrar este momento álxido da música feita en Galicia –feita na casa– cunha programación especial –Galicia escóitase (ver cartel)- adicada a elas, que inclúe unha selección musical do máis destacado do panorama actual,

DIN 4unha serie de actuacións musicais na biblioteca de Os Rosales e unha reportaxe sobre os Locaisdensaio do Coliseum da Coruña (ver vídeo abaixo), un proxecto ben interesante de apoio á canteira musical da cidade. Dende o máis local, as músicas do barrio e da cidade, ata os grandes grupos e solistas de proxección internacional, pasando por toda a diversidade de estilos e xéneros  (folk, hip-hop, clásica, rock, etc.).

Quedades convidados a pasar pola Biblioteca de Os Rosales para disfrutar dela!!

Esta entrada fue publicada en Música y etiquetada , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Galicia escóitase: música feita na casa

  1. Pingback: Radek Less: rapeando na cidade de cristal | Galicia móvese

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s