II Festival Por Amor al Arte

por amor al arte

 

Xa está en marcha a segunda edición do festival Por amor al arte, unha iniciativa ben interesante que, partindo dun concurso de curtametraxes, vai despregar todo un conxunto de actividades culturais durante algo máis dunha semana o vindeiro febreiro en A Coruña. Pero a noticia agora mesmo é que dende o un de setembro, e ata o trinta de novembro, xa está aberto o prazo de presentación das curtas, aínda que precisamente o interesante e o singular do festival é que o concurso funciona como unha sorte de pretexto -no bo sentido da palabra- para todo o demáis. E abofé que hai moito máis.

A idea xurdiu o ano pasado cando os organizadores pensaron en crear un certame no que darlle saída a novos talentos cinematográficos e, de paso, buscando vinculacións co resto de disciplinas artísticas que teñen relación co cinema, que tamén puidera servir de plataforma de lanzamento para todos aqueles artistas que quixeran colaborar a través dunha serie de actividades paralelas. A pesar de que non había, nen hai este ano, ningún tipo de compensación ecónomica, nin para os gañadores nin para os colaboradores, de que todo se facía “polo amor a arte” -o lema da primeira edición foi “presupusto 0”-, a resposta foi magnífica, e o festival foi crecendo de xeito case viral ata ser un éxito tanto de participantes como de público.

Nesta edición as líñas maestras seguen a ser as mesmas: durante nove días as sesións de visionado das curtas participantes serán o punto de partida para toda unha serie de actos culturais simultáneos que abarcarán a pintura, a fotografía, o teatro ou a música ao longo de nove días, dentro dun ambente lúdico e festivo, e que terán como colofón unha gran gala final coa entrega de premios. A gran virtude do festival é ser totalmente aberto e participativo para todo aquel que queira colaborar, ben como artista ben como sede, tan só hai que poñerse en contacto coa organización para facelo, aquí. Nós, pola nosa parte, estamos encantados de anunciarvos que imos ser unha das sedes colaboradoras na nosa biblioteca de Os Rosales. Xa vos iremos informando.

Para os que non tiverades ningunha referencia do festival, aquí tedes unha das promos da primeira edición:

 

Esta entrada fue publicada en Audiovisuais, Eventos, Música, Teatro y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a II Festival Por Amor al Arte

  1. Pingback: Por amor al arte II (y 2) | Galicia móvese

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s