(S8) 4ª Mostra de Cinema Periférico

(S8)Cartel_4edicion

«As películas de cine están feitas de prata… o DVD, de óxido» ven a dicir en galego o letreiro que sostén Ümit Mesut, propietario dunha tenda-videoclub-museo de cine do este de Londres e protagonista do cartel da 4ª edición do (S8), unha reivindicación en toda regra do cinema artesanal fronte ao industrial. E que é este festival anómalo -no mellor sentido da palabra- e periférico senón iso?

Do 5 ao 8 de xuño o (S8) volve a invitarnos a recuperar a verdadeira maxia -perdida- do cine, dun cine non sometido aos condicionantes das regras de produción e do mercado, dun cine baseado na total  liberdade de expresión artística, na experimentación, no xogo, dun cine aberto a probar sempre novas vías,  un cine que, ademáis, ríndelle tributo aos grandes mestres artesanos do pasado e que reivindica por encima de todo a figura do autor como creador. Existe aínda un cine así como expresión artística contemporánea? A resposta é -milagrosamente- si, e o (S8) é a proba vivinte.

De feito, o festival ábrese con toda unha declaración de principios: o cine-concerto George Méliès no Teatro Colón, no que se proxectará unha selección de películas do gran pioneiro do cine fantástico presentadas pola súa bisnieta e acompañada ao piano polo seu tataraneto. Posteriormente, durante catro días irase desenvolvendo nas distintas sedes do festival (Fundación Novacaixagalicia, CGAI, Fundación Luis Seoane, MAC) unha programación que nesta ocasión achégase de xeito especial á cinematografía arxentina e pola que pasarán pesos pesados da vangarda cinematográfica como o cineasta español Jaime Chávarri. Todo o programa polo miúdo, aquí.

En definitiva, un luxo cultural e artístico nestes tempos de crise, e unha boa oportunidade para reprantexarnos os nosos fundamentos ao respecto. De aperitivo, a reportaxe que fixemos dende GM da edición anterior cunha sustanciosa entrevista ao director da mostra, Ángel Rueda:

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en Audiovisuais, Eventos y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s