A pegada dos avós

pegada avos

Malos tempos para a lírica en época de crise.  Pero a grandes males, crowdfunding. Cando se ten moito que dicir, cando se sinte que se ten algo importante que comunicar, cando hai unha historia que ten que ser contada, entón é difícil que haxa barreiras que poidan frear ese impulso. E, aínda que hai moitas maneiras de poñer en pé un proxecto,  poucas haberá que produzan unha satisfacción semellante á da participación colectiva, á da contribución de xente anónima que o apoia económicamente porque cre que paga a pena. Iso si que é verdadeiramente alternativo.

Dese xeito, grazas ao micromecenazgo, é o como se está a levar a cabo o proxecto de ‘A pegada dos avós’, un documental sobre a memoria histórica filmado en A Coruña baixo a dirección do fotógrafo e realizador Xosé Abad, con guión firmado por el mesmo e Sandra García Rey, e que supón a súa segunda incursión no tema despois de  ‘O segredo da Frouxeira’ (2010), nominado aos premios Mestre Mateo na categoría de mellor documental.

Nesta ocasión a idea de partida era invitar a un grupo de adolescentes – sete alumnos do IES Adormideras foron os seleccionados- a facer unha labor de recuperación da memoria da represión franquista a partir da historia particular da familia de dúas víctimas da mesma, que se ofrecen a contar e compartir a súa historia e a visitar os lugares onde se desenvolveron os acontecementos que cambiaron de xeito tráxico a súa vida.  O documental conta, ademáis, coa participación do escritor Manuel Rivas e do xuíz Baltasar Garzón, que axudan aos rapaces na tarefa de reconstrucción e toma de conciencia do sucedido.

O proxecto acadou moi exitosamente os obxectivos de financiación para a súa primeira fase, a gravación en si, grazas as aportacións de multitude de persoas interesadas en colaborar nel, e encara agora a segunda,  que precisa de fondos para a edición, postprodución e distribución. Aquí tedes o trailer:

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Audiovisuais y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s