Freakemacine 2012

Zombies e demáis criaturas de ultratumba voltarán a pasearse pola Coruña a vindeira semana na carta edición do Festival de Cine de Ciencia-Ficción e Fantástico, o Freakemacine 2012. Nesta ocasión o festival ríndelle homenaxe ao cine de terror español dos anos 70 e, en particular, á súa figura máis mítica, o gran Jess Franco.

A cita abrirá as súas portas o día 24 as 20:30 h. nunha das dúas sedes oficiais, a Fundación Luis Seone, coa proxección do documental On Vampires and Other Symptons, sobre a figura do realizador José Ramón Larraz, e será amenizada pola actriz galega Iria Pinheiro e a actuación do grupo coruñés Thee Heavy Random Tone Colour Lab. Na sede da fundación desenvolveránse durante toda a semana charlas, algunhas proxeccións, os famosos obradoiros de maquillaxe e efectos especiais e, unha das novidades desta edición, a Feira do Terror.

Na outra sede, o CGAI, é donde se levarán a cabo o grueso das proxeccións cinematográficas do festival, nas que destacan, entre outras, as dedicadas ao traballo do actor Víctor Israel e ao mencionado Jess Franco e á súa musa, a recentemente falecida, Lina Romay, así como o Festival de Curtametraxes deste ano.

E para pechar o festival, o sábado 29, o prato forte:  a segunda edición da Freakmacine Zombie Walk, unha terrorífica aínda que lúdica marcha de xente zombificada (se pode reservar praza para ser zombificado) que sairá do Obelisco as 20 h., conducida por Os irmáns siameses zombies, e que percorrerá o centro ata chegar ata a Fundación Luis Seoane. O fin de festa será na praza de Azcarrága cun concerto dos barceloneses Motorzombies e unha sesión de D.J. Zardoz no Garufa.

En fin, un programa con moito que ver e facer, así que, se asistides, procurade almorzar forte para coller forzas, como as protagonistas da promo do festival!:

Esta entrada fue publicada en Audiovisuais, Eventos y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s