Galicia caníbal

Onde estabas ti nos 80? Se es demasiado novo e aínda non naceras ou xa non tan novo pero non te lembras moi ben por algún tipo de amnesia -ejem- xeracional, non te preocupes, aquí está Galicia caníbal. El musical, o primeiro espectáculo galego destas características da historia, para refrescarnos a todos a memoria sobre como foron os míticos anos 80 en Galicia. Porque, por se queda aínda alguén que non o saiba ou que por mor desa amnesia esquenceuse, os 80 foron a década da Movida, é dicir, a idade de ouro da liberdade, a desinhibición, os excesos, a modernidade, as tribos urbanas, o rocanrol e, tamén, como non, da reconversión industrial e de recorrentes crises económicas. Os 80 foron os anos nos que chegou a España, a Galicia, a cor, e nos que se deixou definitivamente atrás o gris dos anos da ditadura. A Movida foi, cos seus dous polos en Madrid e Vigo, o equivalente cultural da famosa transición política, e se cadra por iso aínda conserva ese status de emblema e símbolo transxeracional.

Sexa como fora, onte tivo lugar o estreo en Vigo deste audaz e novedoso espectáculo, idea orixinal do polifácetico exlíder de Os Resentidos, Antón Reixa. Galicia caníbal revive a Movida viguesa a través do seu mellor activo, a vibrante, irónica e comprometida música da época, cos grupos e temas míticos que todos lembramos e que parecen resistir moi ben o paso do tempo, como por exemplo ‘Bailaré sobre tu tumba’ ou ‘Miña terra galega’ de Siniestro Total, ‘Soy una punk’ de Aerolíneas Federales, ‘Malos tiempos para la lírica’ de Golpes Bajos e, por suposto, ‘Galicia caníbal‘ xa sabes de quen, etc., etc.

Mediante unha trama que busca establecer certos paralelismos entre o contexto social actual e o de entón, o musical trata de reivindicar o espírito rebelde, creativo e contestatario da movida como a mellor vía para saírmos da crise e, tal vez, para recuperar a esperanza perdida.

Baixo a batuta escénica do gran Quico Cadaval, e cun elenco formado 10 actores, 8 bailaríns e 5 músicos en directo,  o espéctaculo percorrerá parte das principais cidades e vilas galegas durante o verán (do 9 ao 12 de agosto no Teatro Colón en A Coruña),  en setembro estrearase en Madrid, para despois voltar a Galicia durante o inverno e xirar polo resto da península durante o 2013. O reto é grande. Boa sorte!

Aquí tes un vídeo dos ensaios se queres ir facendo boca. Por certo, ¡fai un sol de carallo!:

 

Esta entrada fue publicada en Música, Teatro y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s