(S8) 3ª Mostra de Cinema Periférico

Cinéfilos galegos, estades de noraboa porque a 3ª Mostra de Cinema Periférico (S8) abre as súas portas o vindeiro 30 de maio en A Coruña. Este ano o festival cambia de sede e trasládase do seu emblemático emprazamento dos anos anteriores no antigo cárcere de A Coruña ás flamantes novas instalacións do Centro Cultural Ágora.

Pero aínda que cambie de espazo a filosofía permanece, porque novamente nesta edición os asistentes a mesma, tanto afecionados como profesionais, terán a oportunidade de sumerxirse durante cinco días na pura esencia do cine grazas á recuperación de formatos artesanais e alternativos como, por suposto, o super 8 ou os 16 mm.

A programación inclúe, entre un amplo abano de actividades, proxeccións experimentais de cintas anónimas en seccións como ‘Arquivo expandido’,  a posibilidade de facer unha inmersión na memoria cinematográfica da filmoteca da Cineteca Nacional de México no apartado de ‘Arquivos históricos’ ou ciclos como ‘A segunda vida das imaxes’ nos que se resucitan en forma de collage imaxes perdidas ou olvidadas nunha interesante forma de reciclaxe e reapropiación do imaxinario anónimo.

Por se isto fora pouco,  as actividades paralelas da mostra contarán, como en anteriores edicións, con instalacións, exposicións, obradoiros de cine para nenos e un observatorio con encontros para profesionais. Toda a programación polo miúdo, aquí.

E como prato forte, o festival inaugurase cun evento só á altura dunha gran cita cinematográfica: a proxección dunha película clave e de referencia na historia do cine, O home da cámara (1929), de Dziga Vertov, musicalizada en directo polo famoso compositor Michael Nyman e a súa banda, cunha partitura composta por el mesmo específicamente para ela. Será o vindeiro mércores 30 , ás 20:30 h. no Palacio da Ópera. Un auténtico luxo.

Nós pasarémonos pola mostra un ano máis  para recoller en imaxes o que deu de si e falar co seu entusiasta director, Ángel Rueda. Se non a coñecíades pódedes facervos unha idea de en que consiste botándolle unha ollada á reportaxe que fixemos da edición pasada:

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en Audiovisuais, Eventos y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s