Os Goya en Os Rosales

Na última entrada do blog faciámonos eco do arrollador éxito da animación galega nos premios Goya co triunfo de ‘Arrugas’ e ‘Birdboy‘. Como calquera galego esa noite sentímonos, nalgunha medida, partícipes do seu triunfo. Pero nós, se cadra, dende Galicia Móvese dun xeito un tanto especial pola conexión directa de ambalasdúas películas coa nosa biblioteca: Alberto Vázquez -como comentabamos no anterior post- foi o primeiro entrevistado do noso blog alá polos seus inicios e no caso de Ángel de la Cruz ‘Arrugas’, a súa productora, Perro Verde, ten a súa sede no noso barrio.

De modo que, dadas as circunstancias, non cabía outra que poñernos en contacto cos flamantes triunfadores e invitalos a vir á nosa biblioteca para celebrar o noso vínculo e, sobre todo, o seu éxito e organizar un encontro coa nosa nutrida canteira de fans da banda deseñada, en particular, en con todos os veciños afecionados ao cine ou non, en xeral, para falar do mundo do cine de animación, a banda deseñada, os Goya e, en fin, o que se tercie.

E dito e feito. Tanto Ángel como Alberto prestáronse moi amablemente a nosa proposta e o vindeiro mércores, 21 de marzo, ás 19:00 h. é a data do evento: haberá alfombra vermella, champán, photo-call coas estatuillas, coloquio cos artistas, un percorrido virtual polo proceso de creación de ‘Arrugas’ e, finalmente, proxección de ‘Birdboy’ presentada por Alberto Vázquez.

Pero antes, e para ir facendo boca, achegámonos a onde os artistas para falar previamente con eles e coa productora María Arochena e que nos avanzaran algúns dos contidos que imos tratar na nosa particular “gala”. Botade unha ollada e non volo perdades, agardámosvos!:

Esta entrada fue publicada en Audiovisuais, Banda deseñada, Eventos y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Os Goya en Os Rosales

  1. Pingback: Los Premios Goya 2012 en la Biblioteca Os Rosales: Birdboy y Arrugas « Fancómic

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s