Dende Galicia Móvese queremos sumarnos as felicitacións á animación galega polo rotundo éxito nos Premios Goya. Parabéns por tanto para Alberto Vázquez polo seu Goya á Mellor Curtametraxe de Animación por ‘Birdboy’ e a Ángel de la Cruz e á productora Perro Verde Films polos seus galardóns á Mellor Película de Animación e Mellor Guión Adaptado por ‘Arrugas’.
No caso de Alberto sentímonos especialmente orgullosos porque levamos moito tempo seguindo a súa fulgurante traxectoria. De feito, recibíanos no seu estudio nunha das reportaxes coa que inaugurabamos o noso blog, alá polo 2010, e na que nos falaba do seu traballo e facía referencia precisamente á curta galardonada onte á noite, e que por aquel entón estaba aínda en fase embrionaria: