Imposible resumir en poucas liñas ou nun clip duns minutos o aluvión de obradoiros, música, teatro, presentacións, charlas, debates, stands, etc. que tivo lugar, comprimido en tan pouco espazo de tempo, a pasada fin de semana en Palexco, na 2ª edición de Achegarte, a feira da cultura organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.
O mesmo pode dicirse da nómina de artistas e persoeiros da cultura que por alí pasaron, nalgúns casos dando lugar a estranas e moi interesantes combinacións; poñamos por caso, por exemplo, ese cara a cara entre Emilio José e Oliver Laxe.
A feira foi un éxito en canto ao ambiente e a asistencia, e dende logo semella ir camiño da súa consolidación. Parabéns, alegramónos.
Nós, dadas as circunstancias, tivemos que optimizar recursos e centrámonos principalmente na música e na danza, con 4 actuacións que nos apetecía moito ver. En música, estivemos nas presentacións do último de Combo Dinamo e os Ultraqäns; e en danza, falamos con Entremans e Nova Galega de Danza.
Que as imaxes, unha vez máis, valgan máis que as palabras. Vémonos o ano que ven!:
Si o concello fai que fai pero en realidade estanos j** a todos http://loquenoscuestalosada.com/