A asociación cultural Manicómicos celebra esta fin de semana na Coruña a décima edición do Festival de Teatro Cómico. As actuacións transcorreran o sábado e o domingo entre a praza do Obelisco e a de María Pita e nelas teredes a posibilidade de ver espectáculos humorísticos de todo tipo e procedencia: clowns, claqué, humor xestual, mesturas de teatro e circo ou maxia e humor, etc.
O festival pecharase o domingo cunha gran gala a cargo do Novo Circo Galego, na praza de María Pita, presentada polo clown arxentino Nanny Cogorno e que contará, entre outros moitos, coa presenza estelar do gran Pepe Viyuela. Se queredes información máis detallada sobre o evento podedes atopala aquí.
Para os que aínda non coñezades a Manicómicos, ou, os que si, para ir facendo boca, deixámosvos un pequeno clip dunha entrevista que lles fixeramos hai un tempiño e que tiñamos gardada na neveira para unha ocasión como esta. Aquí están o paiaso Coco e o gran Carlos Sante presentando a ¡Manicómicos!: