“From A to J”

Volvemos ocupar as celas con “From I to J”

A montaxe desta exposición creada pola directora, produtora e guionista cinematográfica Isabel Coixet é unha homenaxe ao mundo concibido polo escritor, critico de arte e poeta británico John Berger. Baséase no seu libro “From A to X” un texto de amor e soidade que xira en torno ás cartas que unha muller envía ao seu namorado, o cal está encarcerado.

Segundo Harold Pinter, “From A to X é un dos libros máis conmovedores que lin en moitos anos. Berger pon de manifesto que por viles que sexan os exércitos que nos oprimen,el amor e o espírito humano son indestrutibles”

Esta montaxe realizouse no antigo cárcere provincial da Coruña, aproveitando os patios e as celas para recrear a angustia penitenciaria a través dun percorrido polas instalacións, que nos somerxe nunha atmosfera envolvente onde a luz e o son nos levan sucesivamente polas distintas cartas do libro que len prestixiosas actrices e artistas, como Penélope Cruz, Mónica Belluci ou Leonor Watling. Durante a presentación desta, Manolo Rivas e Rebeca Castro representaron algúns dos fragmentos da obra de Berger.

Deixámosvos coas imaxes que gravamos do acto e cunha pequena entrevista a Isabel Coixet. Sabemos que a calidade de son non é a mellor pero pensamos que paga a pena.

Invitámosvos a que vos acheguedes ata a Biblioteca Dos Rosales, ao espazo de Galicia Móvese, onde temos unha considerable mostra dos libros de John Berger.

Permitirme que vos deixe cun poema do meu querido Miguel Hernández que non deixa de roldarme dende que estiven en “From I to J”.

 

 

Tus cartas son un vino


Tus cartas son un vino

que me trastorna y son

el único alimento para mi corazón.


Desde que estoy ausente

no sé sino soñar,

igual que el mar tu cuerpo,

amargo igual qu el mar.


Tus cartas apaciento

metido en un rincón

y por redil y hierba

les doy mi corazón.


Aunque bajo la tierra,

mi amante cuerpo esté,

escríbeme paloma,

que yo te escrribiré.

Cuando me falte sangre

con zumo de clavel,

y encima de mis huesos

de amor cuando papel.


 

 

Esta entrada fue publicada en Exposicións y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s