El cielo claro se ha apoyado en la pared.
Es como una oración al vacío.
Y lo vacío vuelve su rostro hacia nosotros
y susurra
“Yo no estoy vacío, sino abierto”.
Fragmento de Vermeer
Tomas Tranströmer
Así comeza a exposición ” La atracción del abismo ” de Xurxo Gomez-Chao que o pasado venres, 18 de novembro, se inaugurou na galeria Moretart de A Coruña.
Natureza, home, e tempo foron dende a idade antiga variables da ecuación da vida que tantos artistas e filósofos intentaron resolver.
Con “La atracción del abismo” Xurxo Gómez-Chao volve indagar neste polinomio sen medo a asomarse a territorios descoñecidos e misteriosos. A presenza humana palpita nas nubes que invaden os cuartos do hotel Earle, nos enérxicos drippings cos que intervén as imaxes creadas, ou nesas pequenas “pistas” que tanto lle gusta ocultar nas súas creacións. Presenza que invade estas deliciosas paisaxes e interiores dende a súa ausencia, para dotalos de significado e razón de ser.
Anímovos a pasar por Moretart e ver esta estupenda exposición!!!.
Poderás visitala ata o 13 de xaneiro mentres tanto déixovos cunha entrevista ao autor.
