Esta fin de semana en Pontevedra abre as súas portas a IV edición de Culturgal, a edición da crise. Por segundo ano consecutivo o Pazo da Cultura da cidade pontevedresa centraliza, como sede, a acción que se desenvolverá na feira das industrias culturais galegas, aínda que nesta ocasión tamén outros espazos da cidade acollerán actividades. Profesionais e curiosos terán a oportunidade durante tres días, do venres 2 ao sábado 4, de coñecer as últimas produccións da cultura galega e de tantear o nivel de saúde no que se atopa nestes tempos duros para a lírica.
Polo de pronto o director do Agadic, Juan Carlos Fasero, ven de facer unhas declaracións nas que defendía a necesidade da industria cultural galega de producir productos destinados ao consumo do público (léase mercado) maís ben que ao da administración. E, evidentemente, parece que nestes momentos os tiros semellan ir nesa dirección. Porén, haberá que achegarse ao evento para saber de primeira man o que os nosos productores teñen que dicir a iso.
Se queredes máis información, aquí. Como introducción, este clip:
