“Arrugas” a película da produtora galega Perro Verde, foi preseleccionada para competir polo Óscar de animación na 84 edición dos premios da Academia de Hollywood.
A película está baseada nun cómic homónimo do autor Paco Roca e dirixida por Ignacio Ferreras.
Narra a historia de Emilio, un ancián que acaba de chegar a un xeriátrico, e a súa amizade con Miguel que, xunto con outros anciáns do asilo, axudarán ao protagonista cando é diagnosticado con alzhéimer para que non o suban ao primeiro piso destinado aos anciáns que necesitan asistencia. O seu tolo plan tingue de comedia e tenrura o tedioso día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas remataran, eles acaban de empezar unha nova.
Ademais da produción, 80 por cento galega, a fita conta con dúas importantes figuras da terra: Anxo da Cruz, como guionista, e NaniGarcía, autor da banda sonora. Por outra parte, o produtor quixo facer un aceno a Galicia incluíndo dúas localizacións na película “moi recoñecibles”: San Andrés de Teixido e a Praia das Catedrais.
Aquí deixámosvos co tráiler desta conmovedora película: