20 anos cumpríronse neste 2011 do inicio da andaina dunha das institucións máis relevantes da cultura galega, a súa filmoteca, o Centro Galego das Artes da Imaxe, ou como todos o coñecemos, o CGAI. É imposible sobrevalorar a importancia desas sesións de cine, a precios asequibles, nas que todos e todas aprendimos e aprendemos a ver a realidade cunha mirada e unha linguaxe diferente, ás veces case incomprensible ou simplemente estrana, pero sempre interesante. As colas, a xente, a camaradería cinéfila, o ambente austero da sala, os debates postpelícula, todo iso forma parte entrañable das biografías e dos rituais culturais de moitos de nós e seguro que o seguirán sendo das novas xeracións por moito tempo.
Dende Galicia Móvese quixemos rendirlle o seu merecido homenaxe e, coa colaboración do CGAI, imos desenvolver unha programación (ver cartel arriba) na nosa biblioteca de Os Rosales dedicada á filmoteca e a súa gran labor durante estos vinte anos que inclúe 4 sesións de cine galego e unha exposición de fotografías da colección persoal de Julio Cortázar que a súa primeira esposa, Aurora Bernárdez, de orixe galega, cedeu ao CGAI como depositario.
Tamén fomos á sede do CGAI en A Coruña a falar co seu equipo para que nos fixera unha valoración destes vinte anos e coñecer un pouco a trastenda do seu traballo. Cinéfilos ou non cinéfilos, paga a pena botarlle unha ollada:
