Debuxante e animador, comenzou na ourensá Limaía produccións e foi
director de animación para a productora Coruñesa Dygra, codirixiendo
para este último a longametraxe El espiritu del bosque.
De formación completamente autodidacta, Rubín forma parte do grupo de autores que en 2001 fundaron o colectivo Polaqia. Colabora en revistas como Barsowia, BD banda ou Golfiño, é un dos nosos artistas máis premiados e recoñecidos no mundo da BD.
Radiografía dun autor de Tebeos é o nome dun documental sobre a
obra de David Rubín. Dirixido por Marcos Nine e realizado pola productora Setemedia, Rubín plasma nunha historieta como se sente no momento en que a súa vida esta a ser gravada para un documental.
Radiografía dun autor de Tebeos foi galardonada co Premio Mestre Mateo ao mellor documental, entregado en 2011.
Deixámosvos co trailer deste documental e aproveitamos a ocasión para invitarvos a visitar o monográfico que na biblioteca de Os Rosales no espazo GM lle dedicamos a este autor.
Non volo perdades!!!
