Este atípico verán galego do 2011 xa vai tocando á súa fin, pero aínda temos unha última oportunidade de despedilo como se merece na primeira edición do festival Rock in Way, que se vai desenvolver en Santiago de Compostela esta vindeira fin de semana, concretamente o venres 9 e o sábado 10 no Monte do Gozo.
Seguindo un pouco a estela da primeira edición do SantiRock alá polo 2000 ou, sen ir tan lonxe, do MTV Xacobeo do pasado ano (quen poderá olvidar ese concerto de Arcade Fire que contaremos aos nosos netos…), polo Monte do Gozo, santuario xa do rock galego, pasarán nesta ocasión grupos de nivel non tan alto como os dos mencionados precedentes, pero, aínda así, interesantes: o punk de Offspring ou dos The Toy Dolls, o son ‘Madchester’ de The Charlatans, o ska oitentero dos The Specials ou, máis actuais, o house guitarreiro de <<rinôçérôse>>, pola banda internacional; e o indie bailable de Delorean, o shoegaze noise dos fantásticos Triángulo de Amor Bizarro ou a rumba frenética de Muchachito Bombo Inferno, pola nacional, semellan argumentos máis que suficientes para deixarse seducir.
Ahí vai un trailer para escépticos ou indecisos:
