Feeds:
Artigos
Comentarios

O xoves día 12 de xaneiro ás 19:00h

na Biblioteca Municipal de Os Rosales

Pedro Ramos presentará o libro En el país de los méritos “.

Se traspasa vida

por no poder atender.

Jornada laboral entre 8 y 10 horas diarias, fines

de semana libres, mes de vacaciones incluido.

Este é un dos micro-poemas do libro ” En el País de los méritos “, última publicación do escritor Pedro Ramos (Entrevías, Madrid 1973).

Pedro Ramos García reside en A Coruña e traballou como conserxe, relacións públicas,reponedor, dependente, xeólogo, botóns, deseñador gráfico e publicista, dinamizador e xornalista cultural, dá clases de escritura creativa, escribiu para televisión, codirixiu un documental (foi nomeado aos Premios Mestre Mateo), vendeu unha serie para teléfonos móbiles (O ascensor, Filmanova, 2008), publicou unha novela, varios contos (curtos e complicados), escribiu unha obra de teatro e viuna en escena cinco veces. Agora recita (e fala entre paréntese).

En el país de los méritos que naceu como un libro e agora converteuse nun recital poético da man do seu autor, Pedro Ramos.

Non vos perdades esta entrevista!!!

O intelectual galleguista Isaac Díaz Pardo faleceu esta mañá na Coruña aos 91 anos de idade.
Un home ao que definiron como “o mellor exemplo dunha vida dedicada a un compromiso chamado Galicia”

Díaz Pardo quedou marcado a lume pola figura do seu pai, Camilo Díaz Baliño, pintor ao igual que el e asasinado polos fascistas tras o golpe de estado de 1936. A pesar da súa xuventude, Isaac xa dera mostras do seu compromiso político e participou na campaña para a aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia. Coñecera destacados intelectuais galleguistas do momento, como Castelao;Cabanillas, Ramón e Antón Vilar ponte, e Vicente Risco.

Logo viviu o exilio en Arxentina e converteuse nun dos grandes renovadores da arte galega no século XX. Pero a súa grande obra acometeuna en Galicia ao seu regreso, tras fundar, xunto ao pintor e escritor Luis Seoane, o Laboratorio de Formas, que daría lugar ao grupo Sargadelos, unha das grandes empresas culturais da Galicia contemporánea. Díaz Pardo converteuse en empresario e deseñador dun grupo cuxo negocio máis visible foi a fabricación de cerámica, pero que tamén editou libros e promoveu e avalou toda clase de iniciativas culturais.

Descanse en paz.


El cielo claro se ha apoyado en la pared.
Es como una oración al vacío.
Y lo vacío vuelve su rostro hacia nosotros
y susurra
“Yo no estoy vacío, sino abierto”.

Fragmento de Vermeer

Tomas Tranströmer

Así comeza a exposición ” La atracción del abismo ” de Xurxo Gomez-Chao que o pasado venres, 18 de novembro, se inaugurou na galeria Moretart de A Coruña.


Natureza, home, e tempo foron dende a idade antiga variables da ecuación da vida que tantos artistas e filósofos intentaron resolver.

Con “La atracción del abismo” Xurxo Gómez-Chao volve indagar neste polinomio sen medo a asomarse a territorios descoñecidos e misteriosos. A presenza humana palpita nas nubes que invaden os cuartos do hotel Earle, nos enérxicos drippings cos que intervén as imaxes creadas, ou nesas pequenas “pistas” que tanto lle gusta ocultar nas súas creacións. Presenza que invade estas deliciosas paisaxes e interiores dende a súa ausencia, para dotalos de significado e razón de ser.

Anímovos a pasar por Moretart e ver esta estupenda exposición!!!.

Poderás visitala ata o 13 de xaneiro mentres tanto déixovos cunha entrevista ao autor.


Esta semana presentouse, na librería Formatos de A Coruña, ‘Hiperhíbridos‘ (El Gaviero Ediciones, 2011), o último libro do ilustrador, pintor e artista visual coruñés, afincado en Bilbao na actualidade, Pablo Gallo. Aínda que quizáis non sexa coñecido polo gran público, leva xa moitos traballando tanto en exposicións propias como colaborando en revistas literarias diversas así como en prensa cos seus maravillosos debuxos e ilustracións. O ano pasado publicou un extraordinario libro de debuxos eróticos con textos de escritores españois e hispanoamericanos, ‘El libro del voyeur’ (Ediciones del Viento, 2010), e en 2009 ilustrou o libro do cantaautor Nacho Vegas ‘Política de hechos consumados’ (Limbo Starr, 2009).

Nesta ocasión, e acompañado pola poeta Estíbaliz Espinosa e polo tamén ilustrador Alberto Guitián, presentaba esta irreverente compilación de ilustracións nas que reimplanta as cabezas de famoso/as literatos/as nos corpos de diversos personaxes da cultura pop, como por exemplo a de Borges no de Thor (por aquilo da súa afición á literatura nórdica), ou a de Kafka no de Elvis. O autor afirma que os debuxos empezaron como un divertimento, e certamente estas caricaturas ‘híbridas’, aderezadas cos textos ás veces surrealistas ou dadaístas de Basho Bin-ho  (Proust aparece promocionando a célebre madalena cun “potencia a túa memoria. Fíncalle o dente”), semellan buscar de xeito lúdico a descontextualización irónica das personaxes que retrata, tal vez nun intento de atopar novos ou sorprendentes significados implícitos nas súas obras. E como sempre nos traballos de Pablo Gallo, o estilo e a calidade están garantizadas.

Boten unha ollada, paga a pena:

Esta fin de semana en Pontevedra abre as súas portas a IV edición de Culturgal, a edición da crise. Por segundo ano consecutivo o Pazo da Cultura da cidade pontevedresa centraliza, como sede, a acción que se desenvolverá na feira das industrias culturais galegas, aínda que nesta ocasión tamén outros espazos da cidade acollerán actividades. Profesionais e curiosos terán a oportunidade durante tres  días, do venres 2 ao  sábado 4, de coñecer as últimas produccións da cultura galega e de tantear o nivel de saúde no que se atopa nestes tempos duros para a lírica.

Polo de pronto o director do Agadic, Juan Carlos Fasero, ven de facer unhas declaracións nas que defendía a necesidade da industria cultural galega de producir productos destinados ao consumo do público (léase mercado) maís ben que ao da administración. E, evidentemente, parece que nestes momentos os tiros semellan ir nesa dirección. Porén, haberá que achegarse ao evento para saber de primeira man o que os nosos productores teñen que dicir a iso.

Se queredes máis información, aquí. Como introducción, este clip:

                

                          “Arrugas” a película da produtora galega Perro Verde, foi preseleccionada para competir polo Óscar de animación na 84 edición dos premios da Academia de Hollywood.

A película está baseada nun cómic homónimo do autor Paco Roca e dirixida por Ignacio Ferreras.

Narra a historia de Emilio, un ancián que acaba de chegar a un xeriátrico, e a súa amizade con Miguel que, xunto con outros anciáns do asilo, axudarán ao protagonista cando é diagnosticado con alzhéimer para que non o suban ao primeiro piso destinado aos anciáns que necesitan asistencia. O seu tolo plan tingue de comedia e tenrura o tedioso día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas remataran, eles acaban de empezar unha nova.

Ademais da produción, 80 por cento galega, a fita conta con dúas importantes figuras da terra: Anxo da Cruz, como guionista, e Nani García, autor da banda sonora. Por outra parte, o produtor quixo facer un aceno a Galicia incluíndo dúas localizacións na película “moi recoñecibles”: San Andrés de Teixido e a Praia das Catedrais.

Aquí deixámosvos co tráiler desta conmovedora película:

 

20 anos cumpríronse neste 2011 do inicio da andaina dunha das institucións máis relevantes da cultura galega, a súa filmoteca, o Centro Galego das Artes da Imaxe, ou como todos o coñecemos, o CGAI. É imposible sobrevalorar a importancia desas sesións de cine, a precios asequibles, nas que todos e todas aprendimos e aprendemos a ver a realidade cunha mirada e unha linguaxe diferente, ás veces case incomprensible ou simplemente estrana, pero sempre interesante. As colas, a xente, a camaradería cinéfila, o ambente austero da sala, os debates postpelícula, todo iso forma parte entrañable das biografías e dos rituais culturais de moitos de nós e seguro que o seguirán sendo das novas xeracións por moito tempo.

Dende Galicia Móvese quixemos rendirlle o seu merecido homenaxe e, coa colaboración do CGAI, imos desenvolver unha programación (ver cartel arriba) na nosa biblioteca de Os Rosales dedicada á filmoteca e a súa gran labor durante estos vinte anos que inclúe 4 sesións de cine galego e unha exposición de fotografías da colección persoal de Julio Cortázar que a súa primeira esposa, Aurora Bernárdez, de orixe galega, cedeu ao CGAI como depositario.

Tamén fomos á sede do CGAI en A Coruña a falar co seu equipo para que nos fixera unha valoración destes vinte anos e coñecer un pouco a trastenda do seu traballo. Cinéfilos ou non cinéfilos, paga a pena botarlle unha ollada:

 

Debuxante e animador, comenzou na ourensá  Limaía produccións e foi
director de animación para a productora Coruñesa Dygra, codirixiendo
para este último a longametraxe El espiritu del bosque.
De formación completamente autodidacta, Rubín forma parte do grupo de autores que en 2001 fundaron o colectivo Polaqia. Colabora en revistas como Barsowia, BD banda ou Golfiño, é un dos nosos artistas máis premiados e recoñecidos no mundo da BD.
Radiografía dun autor de Tebeos é o nome dun documental sobre a
obra de David Rubín. Dirixido por Marcos Nine e realizado pola productora Setemedia, Rubín plasma nunha historieta como se sente no momento en que a súa vida esta a ser gravada para un documental.
Radiografía dun autor de Tebeos foi galardonada co Premio Mestre Mateo ao mellor documental, entregado en 2011.
Deixámosvos co trailer deste documental e aproveitamos a ocasión para invitarvos a visitar o monográfico que na biblioteca de Os Rosales no espazo GM lle dedicamos a este autor.

Non volo perdades!!!

 

Se esta fin de semana ides paseando pola rúa Real en A Coruña e atopádesvos de repente cunha procesión de mortos vivintes como recén saída dun apocalipse zombie, que non vos entre o pánico, porque se tratará tan só da celebración dunha lúdica Zombie Walk no marco do Freakemacine 2.0, a 3ª edición do Festival de Curtametraxes de Sci-Fi e Fantástico que se vai celebrar na cidade herculina.

Efectivamente, o venres 23 e o sábado 24 desenvolveranse unha serie de eventos e actividades super interesantes en torno ao mundo do cine de ciencia ficción que incluirán, por exemplo: a mencionada marcha zombie polo centro da cidade, coa posibilidade de ser zombificad@ por maquilladores profesionais na perruquería Oh Dios Mío!; concertos, con Lulú y los Caníbales e D.J. Zardoz no pub Garufa; e, por descontado, proxeccións  -en dúas sedes: o venres, na Fundación Luis Seoane e, o sábado, no CGAI- das mellores curtas do xénero deste ano, máis retrospectivas, etc. Pódense recoller as invitacións de balde para asistir en Alita Cómics ou en Oh Dios Mío!, na rúa do Orzán.

Así que, frikies do mundo, se queredes pasalo terrorificamente ben, unídevos esta fin de semana no Freakmacine 2.0!, e participade na marcha zombie como fixeron os nosos veciños composteláns o ano pasado:

 

Rock in Way

Este atípico verán galego do 2011 xa vai tocando á súa fin, pero aínda temos unha última oportunidade de despedilo como se merece na primeira edición do festival Rock in Way, que se vai desenvolver en Santiago de Compostela esta vindeira fin de semana, concretamente o venres 9 e o sábado 10 no Monte do Gozo.

Seguindo un pouco a estela da primeira edición do SantiRock alá polo 2000 ou, sen ir tan lonxe, do MTV Xacobeo do pasado ano (quen poderá olvidar ese concerto de Arcade Fire que contaremos aos nosos netos…), polo Monte do Gozo, santuario xa do rock galego, pasarán nesta ocasión grupos de nivel non tan alto como os dos mencionados precedentes, pero, aínda así, interesantes: o punk de Offspring ou dos The Toy Dolls, o son ‘Madchester’ de The Charlatans,  o ska oitentero dos The Specials ou, máis actuais, o house  guitarreiro de <<rinôçérôse>>, pola banda internacional; e o indie bailable de Delorean, o shoegaze noise dos fantásticos Triángulo de Amor Bizarro ou a rumba frenética de Muchachito Bombo Inferno, pola nacional, semellan argumentos máis que suficientes para deixarse seducir.

Ahí vai un trailer para escépticos ou indecisos:

Artigos anteriores »

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.